O Garaysa acada a sexta praza e mantense en División de Honra

O pasado domingo o Garaysa Xiria xogaba o último partido de liga, na xornada 22, contra un rival directo como era o Bm Bueu que estaba 2 puntos por enriba na clasificación. O equipo carballés buscaba quedar na sexta praza que da dereito a manterse na división de honra do balonmán galego, e despois da vitoria do Oar o Garaysa tiña que gañar o seu partido e ,así, con un triple empate, gañar a clasificación particular entre Bueu, OAR e Garaysa Xiria.

De este xeito, o partido do domingo foi unha auténtica final.  Con este contexto o partido afrontouse coa intensidade e os nervios que unha final xera.  Así, o Garaysa entrou moi ansioso, con unha defensa ben armada que se vía superada por accións de un contra un da primeira liña do Bueu. No ataque, a pelota movíase con criterio, porén, os nervios xogaban unha mala pasada a hora dos lanzamentos e sucedíanse perdas de balón.  Con todo, a intensidade coa que estaban afrontando o partido os xogadores do Garaysa facía que marchásemos ao descanso con 11-10 no marcador.

Para a segunda metade o equipo local tiña que manter a intesidade defensiva e recobrar a confianza no seu ataque. Nesta segunda metade os xogadores mostraron a sua mellor cara, non de aspectos técnicos nin tácticos, senon de traballo, entrega e sacrificio. A loita coa que afrontaron estos 25 minutos viuse reflexada cando quedaron 4 xogadores en pista, conseguindo un parcial de 3-2 neses minutos de inferioridade.  O resultado final 25-20 colocou ao Garaysa na sexta praza.

Destacar a boa segunda volta do Garaysa, gañando todos os partidos contra os rivais directos. Esta sexta praza mostra o traballo e ilusión que están a depositar estos rapaces no deporte que lles gusta. Noraboa.

GARAYSA XIRIA 25 (11+14) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (2), Pedro Porteiro (1), Samuel Regueira (2), Ángel Viña (8), Samuel Veiga (1), Erik Vázquez (3), Pablo Veiga (4), Xurxo Fraga (2), Alberto Rodríguez (2).

BUEU ATLÉTICO MACO ELECTRICIDADE 20 (10+10) Iván Sánchez (6), Antonio Quintela, Borja Blanco (7), Denis Iglesias (4), Martiño Castro, Miguel Calviño, Miguel Peixoto, Oscar Fernández, Raul Garrido (3), Victor Vidal, Lois Coya.