O Grupo Lemaco Xiria impuxo o seu físico ante un feble Porriño
Bm. Porriño – 15 (7+8): Pablo (2), Yerai, Rodrigo, Alai, Nahum (2), Joao, Samuel (1), Miguel, Jesús, Rubén (1), Iván, Alejandro (3), Saúl (2), Ángel (3) e Miguel (1). Grupo…

Bm. Porriño – 15 (7+8): Pablo (2), Yerai, Rodrigo, Alai, Nahum (2), Joao, Samuel (1), Miguel, Jesús, Rubén (1), Iván, Alejandro (3), Saúl (2), Ángel (3) e Miguel (1).
Grupo Lemaco Xiria – 40 (17+23): Mario Lema, Samuel, José Varela, Tasende (1), Fran (4), Antón (3), Vila (10), Miguel, Ronaldo (2), Andy (12), Roi (1), Renzo, Urbieta (3), Pedro (4) e Manuel.
Marcador cada 5′: 1ª parte (2-2), (3-5), (3-5), (5-11), (7-13), (7-17). 2ª parte (9-21), (11-25), (13-29), (14-33), (14-37), (15-40)
O Grupo Lemaco Xiria acadou unha nova vitoria na 3ª xornada da liga, fronte a un Bm. Porriño moi inferior fisicamente e que pouco puido facer fronte aos carballeses.
O Xiria comezou o encontro bastante aletargado, imprimindo pouca intensidade en defensa e un ritmo moi baixo en ataque. Coa lei do mínimo esforzo conseguían acadar unha primeira vantaxe no marcador, 3-5 Min.10. pero as sensacións non eran boas vistas as diferenzas entre ambos conxuntos.
Tras un parcial de 0-0 do minuto 10 ao 15, foi necesario un tempo morto para reconducir a situación. A arenga tivo o seu efecto e o equipo chegaba ao descanso gañando de 10 goles (7-17).
Na segunda parte o equipo, ferido no orgullo, amosou unha intensidade maior e pouco a pouco foi mellorando a imaxe ofrecida nos primeiros 15 minutos, a base de traballo e esforzo. Nos últimos 5 minutos saltou ao campo Sergio Tasende que levaba 2 anos afastado do terreo de xogo por unha grave lesión no xeonllo e incluso aportou un gol ao equipo para alegría dos seus compañeiros.
Dous novos puntos para o Grupo Lemaco que o colocan na 3ª praza da táboa, so por debaixo do Octavio e do Seis do Nadal. Na próxima xornada o equipo recibe como local ao SAR de Redondela, encontro no que agarda sumar dous novos puntos para manterse nos postos altos da clasificación.
Clasificación trala 3ª xornada:
