vitoria do garaysa xiria en chapela
O partido empezaba con moitas imprecisións por parte dos carballeses e o bo facer do BM Chapela poñía o marcador 3-0 a favor dos locais no minuto 3. O Garaysa…

O partido empezaba con moitas imprecisións por parte dos carballeses e o bo facer do BM Chapela poñía o marcador 3-0 a favor dos locais no minuto 3. O Garaysa conseguía axustar a sua defensa despois dun tempo morto, pero en ataque posicional non era capaz de atopar espazos e os goles que conseguían eran a través de contrataques rápidos. Chegábase ao descanso 9-10.
O inicio sobresaliente de segunda parte do Garaysa Xiria, rompía o partido ao seu favor. O adestrador local víase obrigado a pedir tempo morto nos primeiros minutos; pero os carballeses xa non baixarían o ritmo ata o final do partido.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria enfróntase ou S.A.R. Dacuña e Pérez, en Carballo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Chapela ante 100 seareiros. Colexiada: Soraya Abelenda Martínez do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión Mario Cancela (20´), Adrián Mesejo (24´), Daniel Mallo (30´) e con vermella directa a Juan Pereira (24´) por parte do Garaysa Xiria. 7 metros: BM Chapela 2/2 Garaysa Xiria 1/1.
Marcador cada 5 minutos: 4-2, 6-5, 6-5, 7-7, 9-10, descanso, 12-14, 14-18, 15-21, 16-28, 17-32.
BM CHAPELA 17 ( 9 + 8 ): Iván Fernández (5), Jonathan Ojea (1), Breogan González, Miguel Espiño (4), Evan Silva (1), Yago Correa (1), Jose Lopez, X. Bermudez, Diego Davila, Roi Silva, Aaron Covelo, Marcos Serrano, Anxo Fontan (3), Manuel González (2)
GARAYSA XIRIA 32 (10 + 22 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (6), Daniel Mallo (2), Alejandro Gómez (9), Mario Cancela (5), Juan Pereira, Diego Antelo, Iago Rincón (1), Adrián Mesejo (1), Iker Martínez (7), Franco Rial (1).