A Selección Española c@s nen@s de Escolas Balonmán Xiria
Xornada inesquecible para rapaces e rapazas de Escolas Balonmán a que se viviu onte en Santiago a onde acudiron para presenciar o partido da Selección Española Sénior Feminina fronte a…

Xornada inesquecible para rapaces e rapazas de Escolas Balonmán a que se viviu onte en Santiago a onde acudiron para presenciar o partido da Selección Española Sénior Feminina fronte a Austria, clasificatorio para o Campionato de Europa. Tod@s, xogador@s e socios do club, entraron de balde, gracias á colaboración entre Escolas Balonmán Xiria con FGBm e RFEBM, por suposto agradeder a ambas Federacións este gran detalle que tiveron co noso club, xa que unhas 140 persoas acudiron dende Carballo. Un ambiente impresionante o vivido no Fontes do Sar con máis de 3.400 seareiros nas bancadas, que puideron ver un gran espectáculo balonmanístico.
Xa no deportivo os puntos foron para as #Guerreras, que inician así con éxito o camiño de acadar un posto no Campionato de Europa 2016. Unha mágoa as lesións de Carmen Martín e Lara González, agardando a máis pronta recuperación para ambas.
E por suposto coma remate sesión de fotos e autógrafos das que vos deixamos eiquí algunhas imaxes.


