O Grupo Lemaco Xiria non dou opción ao Nova Xestion Pabellon

Visitaban terras ourensás o sábado pola mañá; os cadetes do Grupo Lemaco Xiria. Non querían sorpresas e desde o inicio do partido impuxeron un ritmo forte e constante ao longo dos 60 minutos, que os locais que puideron aguantar.

As rotacións, e bo facer de todos os xogadores nas fases de xogo, fixeron que o resultado fose en continuo crecemento. Partido moi serio, o que disputaron os carballeses que aproveitaron os minutos na pista, para realizar o xogo que máis lles gusta, con continuas transicións rápidas de defensa-ataque.

O marcador, ao final, foi de 21 a 48, que deixa aos do Grupo Lemaco Xiria terceiros na clasificación xeral, empatado a puntos con Carballal e Teucro.

A semana que vén visita o Vila de Noia de Carballo, o Oar Coruña, no segundo derbi provincial da tempada. Partido, de seguro, con moitas emocións con xogadores dabondo coñecidos por ambos os conxuntos; pero ao que o Grupo Lemaco aspira a sacar os dous puntos en xogo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Pomnpeo ante uns cincuenta seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: José Pérez do colexio galego.

NOVA XESTION PABELLON 21 ( 11 + 10 ): Adrián Álvarez, Alejandro Cabada, Darío Mares, David Fraguas, Hugo Vázquez, Iago Loureiro, Ismael González, Luis Melchor, Mario López, Mariu Mihai, Martín Carballo, Raúl Carcacia, Roberto Freire, Salvador De Cristofaro, Santiago Castro, Sergio Aldemir.

GRUPO LEMACO XIRIA 48 ( 23 + 25 ): Pedro Pena [p], Esteban Puñal (1), Martín Fuentes (6), Daniel Mallo (9), Álex Puñal (3), Áaron Rodríguez (5), Antonio Calvelo (4), Pablo Esmoris (1), Javier Rodríguez, Carlos Varela (5), Fernando Mallo (9), Julián García (1), Diego Antelo (4).