Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

Un superior Laber Xiria consegue a vitoria en Tui ?

9ª Xornada da Liga da División de Honra Xuvenil Masculino Balonmán Tui 23 – Laber Xiria 36 (14-22) O Laber Xiria sabía o que tiña que facer para traer os…

9ª Xornada da Liga da División de Honra Xuvenil Masculino

Balonmán Tui 23 – Laber Xiria 36 (14-22)

O Laber Xiria sabía o que tiña que facer para traer os puntos e cumpriu o guión a perfección. Contundencia e orden no 6:0 defensivo e saída con velocidade a contra.

Ben asentado o bloque defensivo dificultando as combinacións co pivote e os desdobramentos, xunto cunha boa basculación para impedir as penetracións, fixeron que o Tui se foxe achicando no ataque co paso dos minutos, o Laber Xiria ía aproveitando cada vez que se lle ofrecía a saída a contra e o facía coa máxima efectividade no lanzamento. O ataque posicional tamén chegaba sen dificultade a crear boas ocasións diante da portería contraria. O Xiria mandaba ao descanso de 8 goles, 14 a 22.

Tras o paso polo vestiario, as cousas seguiron igual, o Tui precipitábase ante a defensa carballesa e o Xiria aproveitaba para romper definitivamente o encontro, arriscou o equipo local con defensa aberta e marcaxe sobre os lanzadores, pero non dou co a clave para facer dano, concluíndo o partido coa vitoria para o Laber.

Balonmán Tui 23 (14): Xabier Martínez e Pablo Solleiro (porteiros) Raul Fernández 1, Adrián Areal 1, Alex Rey 4, Iago Pazos 4, Iago Pereira, Ismael Domínguez 2, Ivan Pérez, Juan Casares 2, Samuel Fernández 7 e Sergio Rebellado 2
Laber Xiria 36 (22): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 8, Alex Gómez 15, Adrián Mesejo 2, Franco Rial 2, Brais Vila 4, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 4 e Manuel Rama 1.
Marcador cada 5 min: 1-2/ 4-5 / 6-9/ 7-13/ 12-19/ 14-22/ 14-24/ 16-25/ 18-28/ 20-30/ 22-33/ 23-36

Arbitraron Diego Vázquez e Cristian Garcia, sen complicacións

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto