O Grupo Lemaco xoga polo campionato de España e o Calvo Xiria afronta a recta final

O Calvo Xiria recibe esta fin de semana a o conxunto olívico do Academia Octavio. Ainda que o equipo vigués ocupa a última praza da clasificación, os bergantiñáns deberán de sair concentrados e nada confiados ante a necesidade de puntos para evitar posibles sorpresas. A intensidade defensiva, a velocidade e o rigor táctico e colectivo no posicional, serán imprescindibles para conseguir una vitoria que achegue a os de Carballo a fase de ascenso a falta de catro xornadas para o remate da competición. O encontró disputarase o Sábado no Vila De Noia as 20:00h.

Última xornada de liga para o Goldie Xiria, que se enfronta ao Mecalia Atl Guardés, o domingo ás 12:00 no Vila de Noia. Os dous equipos tratan de ser quintos na clasificación final; e referendar unha tempada que pase o que pase para o Xiria será boa, mellorando claramente no seu estilo de xogo e dando maior velocidade ao balonmán que practican.

A partir do venres o Grupo Lemaco Xiria disputa a fase final da división de honra. Catro equipos loitarán por unha praza no campionato de España, co sistema de liga a unha volta. O venres xogarán ás 18:00 contra o SD Teucro, o sábado ás 11:30 contra Luceiros e o domingo contra o anfitrión, o AD Carballal á 13:00. Os partidos disputaranse no pavillón ou Loureiro en Vigo. Unha fase con moita igualdade e esixencia, onde os cadetes do Xiria esperan facer un bo papel loitando por conseguir a única praza en xogo.

Este sábado o Garaysa Xiria desprazase ao pavillón municipal de Chapela para enfrentarse  ás 13:00h ao Balonmán Chapela. O Garaysa disputa o seu segundo partido de Copa e buscará retomar o xogo que despregou no último tramo de liga.

O Marmolería José Rey Xiria, xogará como local o Sábado as 12:45 no pavillón do CEIP Fogar na xornada 6 da fase final Norte.

En Alevín e Benxamín, volve o BM5 cos seguintes horarios:

Liga Alevín Bm 5 (Sábado CEIP Fogar)

* Bm Concello de Zas – Xiria Laber 09:30

* Ribadosa.es – Xiria Garaysa 10:15

* Xiria Telepizza – Xiria Lista 11:00

* Xiria Grupo Lemaco – Ribadosar Alca 11:45

* BM Muxía – Xiria Laber 12:00 (Ponte Do Porto)

 

Liga Benxamín Bm 5 (Sábado CEIP Fogar)

* Bm Concello de Zas – Xiria Mr Nutrición 10:15

* Xiria Novo – Ribadosar Alca Omega 11:00

* Xiria Aislamientos San JuanXiria TLM 11:45