O Hierros Varela Urbieta cae derrotado diante do Culleredo

Balonmán Culleredo 37 – Hierros Varela Urbieta Xiria 21 (13-11)

Sabían do difícil compromiso os xogadores do Hierros Varela Urbieta ao visitar ao Balonmán Culleredo, un dos equipos favoritos para gañar esta competición, e saíron mentalizados e con gañas de amosar o que son capaces de facer nesta liga, permitíronllo 30 minutos, ata que a labor arbitral foi achicando e descentrando ao equipo ata acabar roto pola impotencia.

 Dous encontros totalmente distintos os que se viron, un na primeira metade onde o Xiria era capaz de frear os ataques rivais, especialmente que conectaban co seu pivote, e onde non rifaba o balón en ataque, con moita mobilidade e transmitindo a maneira de xogarlle ao rival. Pero como vimos decindo, na segunda metade tornou o criterio arbitral, prexudicando excesivamente ao Hierros Varela Urbieta e beneficiando ao Balonmán Culleredo, que vía como todo o reclamaba era concedido pola colexiada. O xogadores carballeses desconcertados baixaron a intensidade e viron como o seu rival marcaba diferenzas importantes no marcador.

Bm Culleredo 37 (13) Oscar Bello e Gabriel Alvarez (porteiros) Brais Pérez, Samuel Delgado, Borja Cabdevilla 2, Daniel Del Rio, Asier Blanco 8, Jaime Leira 7, Julián González 1, Marco García 4, Guillermo Seijo 6, Bruno Rodríguez 4, Charles Zas 4 e Francisco García 1.

Hierros Varela Urbieta Xiria 21  (11): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiro) Franco Rial 8, Diego Rodríguez 1, Aaron Rodríguez 2, Pablo Esmorís, Manuel Rama, Fernando Mallo 3, Xurxo Díaz 1, Carlos Varela 4, Alex Puñal, Javi Rodríguez, Iván Hernández e Toni Calvelo 2.

Arbitraron: Catarina Januario Quiza, prexudicou e sacou do partido ao Xiria.