Sufrido empate para o Marmolería José Rey

Sufrido empate para o Marmolería José Rey

Viaxaba o Marmolería Jose Rey a Santa Comba co obxectivo de seguir competindo ao nivel da pasada xornada e seguir así sumando aprendizaxes. O comezo do partido estivo marcado pola falta de acerto e de mobilidade dos visitantes, unha defensa moi presionante facía que os xogadores carballeses mantivésense estáticos, propiciando isto varias perdas de balón. Na defensa conseguíase contactar, pero cada vez que os xogadores locais se movían do seu posto o equipo tiña problemas para seguilos. Os xogadores de Marmolería non conseguían atopar o seu xogo e co paso dos minutos chegamos ao descanso con 14-10 a favor dos de Xallas.

 

Á volta dos vestiarios produciuse un cambio na actitude, o que propiciou que se fosen recortando distancias aos poucos. A clave estivo nos últimos minutos, logo de ir por baixo no marcador gran parte do partido os xogadores do Mármolería conseguían forzar erros de lanzamento dos rivais e, en ataque, si conseguían superar á presionante defensa local. Este arreón de orgullo final axudou a conseguir empatar o partido e gañar un punto.

BM XALLAS 29 ( 14 + 15 ): Francisco Javier Vila, Marcos Vázquez, Joel García, Pablo Leis, Ángel Souto, Adrián Sande, Noel Otero, Daniel Vázquez, Iñaki Lois, Joel Antelo, Diego Grille.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 29 ( 10 + 19 ): Alejandro Vázquez [p], Miguel Pérez, Bruno Facal, Aaron Rodríguez, Nicolás García, Samuel Regueira, Samuel Veiga, Oscar Tasende, Erik Vázquez, Pablo Veiga.