O Hierros Varela Urbieta cae derrotado diante do Pabellón Ourense

Hierros Varela Urbieta Xiria 20 – Pabellón Ourense 32 (8-15)

A visita a Carballo do Pabellón Ourense prevíase como así foi un difícil compromiso para o Hierros Varela Urbieta, o equipo ourensán chegaba invicto nesta tempada e é un dos candidatos a facerse co título, como así amosou este domingo.

Xa de saída se vía que a maior envergadura do rival ía supoñer un duro atranco para as aspiracións do Xiria, pois pechaba a posibilidade do lanzamento exterior e cerraba a defensa sobre o pivote carballés, pero o Hierros Urbieta saíu polo partido, apremando como ben o sabe facer en defensa e aproveitando os escasos espazos do rival.  Tras os primeiros 15 minutos de igualdade o Xiria empezou a non ver a portería rival, o desacerto no lanzamento e atasco na circulación do balón propiciaron rápidas contras para o seu rival, que xa ao descanso dominaba o partido.

Maior dispoñibilidade defensiva por parte do Hierros VarelaUrbieta, pero o atasco continuaba en ataque, a corpulencia do 6:0 do rival era demasiado escollo para o Xiria, que ademáis de non conseguir gol, cedía innumerables balóns para que o contrario sentenciase con rápidas contras.

Derrota do equipo carballés que se veu superado polo seu rival, a vindeira semana volve a xogar na casa recibindo ao Ribadosar santiagués

Hierros Varela Urbieta Xiria 20 (8): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiro) Franco Rial, Diego Rodríguez 2, Aaron Rodríguez 1, Pablo Esmorís 1, Manuel Rama 1, Fernando Mallo 3, Xurxo Díaz, Paulo Collazo 1, Carlos Varela 4, Alex Puñal 4, Javi Rodríguez, Iván Hernández e Toni Calvelo 4.

Pabellón Ourense 32(15) Daniel Doniz e Raul Aldemir (porteiros) Alejandro Larada 4, Sergio Cruces 3, José Colmenero 1, Pablo Romero 7, Luis Chacón 3, Pablo Carballo 5, Mario López 2, Rául Aldemir 2, Mario Rodríguez 3 e Pablo Martínez 5

 

Arbitrou: Gabriel Folgoso, sen complicacións