Un superior Carballal derrota ao Grupo Lemaco

Grupo Lemaco Xiria 26 – A.D. Carballal  35 (14-18)

Achegábase este sábado a Carballo o segundo clasificado o Balonman Carballal, oportunidade para que o Grupo Lemaco medise as súas forzas, pero xa dende o comezo se veu un Xiria apático e falto de intensidade, aguantou o equipo os primeiros 20 minutos polo acerto no lanzamento exterior pero deixando moi débil a súa defensa.

Empezaron os dous equipos fríos, con excesivas perdas de balón e deixando moitos ocos nas defensas, permitindo ao rival marcar con facilidade, con un intercambio de goles, o Xiria ata chegaba a poñerse por adiante, pero todo tornou no momento en que o porteiro visitante se entonou e foi pechando a portería, eses balóns fallados permitían ao Carballal correr a contra e poñer diferenza ao descanso 14 a 18.

Quedaban 30 minutos onde o Grupo Lemaco podía tornar o signo do encontro, pero todo o contrario, volveuse dubidoso no ataque e permisible e brando en defensa, permitindo ao Carballal distanciarse en cómoda vantaxe e facerse coa vitoria.

A vindeira semana o Grupo Lemaco visita a cancha pontevedresa do Teucro, onde unha vitoria o pode clasificar definitivamente entre os catro primeiros, dándolle acceso a disputar a Segunda Fase da Liga

Grupo Lemaco Xiria 26 (14): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Adrián Mesejo, Mario Cancela 6, Dani Mallo 3, Franco Rial, Mario Rincón 2, Carlos Varela, Aaron Rodríguez, Brais Vila, Iago Rincón 3, Fernando Mallo 1, Diego Rodríguez, Diego Antelo e Alex Gómez 10.

A.D. Carballal 35 (18): Pablo González (porteiro) , Alberto Romero 6, Carlos Mariño 3, Ignacio Costas 1, Mario González 1, Iago Costas 4, Ivan Fernández 4, Anxo Fontan 5, Alejandro López 3, Roi Gallego 5, Brais Alonso, Blas Cabaleiro 2 e Fernández Graña 1.

 

Marcador cada 5 min: 2-3/ 4-4 / 9-8/ 10-11/ 11-15/ 14-18/ 15-21/ 17-23/ 18-25/ 20-28/ 23-31/ 26-35

Arbitraron: Pablo Torreiro e Silvia Delgado, sen complicacións