O Hierros Varela Urbieta impón o seu xogo diante do Camariñas

Conservas Boya Camariñas 11 – Hierros Varela Urbieta Xiria 26 (6-14)

Un Hierros Varela Urbieta solvente resolveu o difícil compromiso da visita a Camariñas cunha magnífica defensa e con brillante xogo de ataque, nada puideron facer os locais ante un Xiria superior durante todo o encontro.

Saía o Xiria moi centrado en defensa, consciente de por onte atallar as opcións de ataque dos camariñáns, a vez resolvía nos ataques a base de mobilidade e efectividade no lanzamento. Os carballeses abriron distancia no marcador poñendo en apuros ao rival, que por veces se precipitaba con ataques rápidos. Non aproveitou ben as contras o Xiria, o que fixo que o Camariñas non se rendese definitivamente nesta primeira metade.

A diferenza era grande na volta de vestiarios, os locais tentaron de apremar o encontro para intentar achegarse no marcador, o Hierros Varela Urbieta non cedeu o máis mínimo, boa colocación e resposta en defensa e sabendo aproveitar os espazos no xogo de ataque, a distancia seguiu incrementando e o partido caeu a seu favor.

Importante vitoria que coloca ao Xiria segundo na clasificación, e coa oportunidade de asaltar o liderado a vindeira semana recibindo ao líder Ribadosar en Carballo.

Conservas Boya Camariñas 11 (6): Martín Luaces (porteiro) César Rojo 3 , Abel Luaces 1, Bieito Canosa 2, Javier Martínez, José Romar 2, Daniel Carril, Fabio Rojo 3 e Aaron Pérez.

Hierros Varela Urbieta Xiria 26 (14): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 7, Aaron Rodríguez 5, Manuel Rama, Fernando Mallo 3, Xurxo Díaz 1, Pablo Esmorís, Javi Rodríguez, Alex Puñal 1, Franco Rial 3, Diego Rodríguez , Paulo Collazo e Toni Calvelo 6.

Arbitrou: José Pérez, sen complicacións