O Hierros Varela Urbieta perde pola mínima ante o Atlético Novás

Atlético Novás 17 – Hierros Varela Urbieta Xiria 16 (9-5)

Novamente tocaba desprazarse ao Hierros Varela Urbieta, nesta ocasión a terras de O Rosal para medirse ao Atlético Novás, pero o resultado foi distinto da semana anterior en Tui, esta vez cedeu pola mínima e non puido co seu rival.

O equipo rosaleiro máis centrado que os carballeses, era quen de ir mandando no marcador dende o inicio, o Xiria non atopaba as sensacións da pasada semana e perdoaba moito diante da portería local, os postes e o porteiro deixaron con tan so 5 goles un corto bagaxe a favor.

Tras o 9 a 5 da primeira metade, o Hierros Varela Urbieta máis resolutivo cara a gol,  apremou ao seu rival conseguindo empatar o encontro por varias ocasións, pero sen poder poñerse por diante. A falta de varios segundos para o final, o Xiria desperdiciaba un lanzamento de 7 metros que houbese suposto o empate, víndose de baldeiro para Carballo.

Atlético Novás 17 (9) Eladio Araujo e Andrés Alonso (porteiros) Nicolás Pérez 3, Rubén Pérez 4, Aitor Rodriguez, Raul Pereira, Marcos Pombal, Yerai Coimbra, Carlos González 1, Alejandro Dorado 8, Rubén López 1 e Mauro Alonso.

Hierros Varela Urbieta Xiria 16  (5): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiro) Franco Rial 2, Diego Rodríguez 4, Paulo Collazo, Aaron Rodríguez 4, Pablo Esmorís, Manuel Rama, Fernando Mallo, Xurxo Díaz 1, Carlos Varela 2, Alex Puñal, Javi Rodríguez 2, Iván Hernández e Toni Calvelo 1.

Arbitraron: Rubén Civiranes e Jorge Martínez, sen problemas.