O Laber A volve de Pontevedra sen premio a pesar dun gran partido

CISNE A- LABER A 

O Laber A volvía á competición despois de parón do Nadal para enfrontarse ao Cisne, actual líder da competición. O Laber viaxaba con baixas pero iso non era escusa para poder competir no Municipal de Pontevedra.

Nos primeiros compases do partido o Laber mostraba unha gran mobilidade  dos xogadores e da pelota, con esta mobilidade conseguía desprazar a defensa do Cisne para atopar situacións de gol. En defensa tamén se podía ver unha mobilidade maior pero faltaba dar un paso arriba para intentar frear a superioridade física dos grandes xogadores do Cisne. O partido comezaba moi igualado, pero no ecuador da primeira metade os xogadores carballeses perderon a mobilidade e precipitáronse nas decisións e isto facía que o Cisne puidera recuperar balóns e correr rápidas contras que poñían as primeiras rentas no marcador. Con todo o Xiria conseguía repoñerse para chegar ao descanso con 14-13 no marcador.

Á volta dos vestiarios a igualdade reinaba no 40X20. Co regreso da mobilidad por parte dos carballeses que conseguían enlazar situacións con gran mobilidad que facía que se puxesen por diante no marcador. Con todo unha inferioridade mal xogada polos carballeses facía que o Cisne se puxese por diante no marcador e os carballeses tivesen que pelexar para repoñerse. Así foi, a pesar de ter poucos efectivos unha gran inetensidade defensiva, axudada dunha boa portería (a gran nivel durante todo o partido) facía que o Laber igualase o partido. Chegamos así a un final de infarto no que o Cisne anotou o 27-26 no último minuto, o Xiria tivo a última posesión cun menos pero non conseguiu anotar.

Gran traballo dos carballeses no que todos os xogadores estiveron a un gran nivel e que nos mostra o camiño para seguir.

CISNE A- LABER A ACTA