Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Vitoria do Grupo Lemaco ante o Lavadores no último encontro de Liga en Carballo

Os cadetes do Grupo Lemaco recibían este Sábado ao U.D. Lavadores, penúltimo clasificado, na 21ª xornada de Liga, no que sería o último encontro ligueiro que disputaban coma locais. Os…

Os cadetes do Grupo Lemaco recibían este Sábado ao U.D. Lavadores, penúltimo clasificado, na 21ª xornada de Liga, no que sería o último encontro ligueiro que disputaban coma locais. Os carballeses non deron opcións á sorpresa nun encontro que dominaron de comezo a fin a base de boa defensa e rápidos contragolpes.

O Grupo Lemaco comezaba un tanto impreciso de cara a gol, pero a intensidade defensiva permitía levantar un auténtico muro para os atacantes vigueses que no minuto 15 anotaran soamente 2 goles. Non tardaron os carballeses en afinar a súa puntería e pronto colocaban terra de por medio no marcador, acadando xa na primeira metade vantaxes de ata 8 goles.

So as numerosas exclusións que sufriron os locais, 7 en total e algunhas moi rigorosas, impedían unha maior diferenza no marcador.

Na derradeira xornada o Grupo Lemaco viaxa á parroquia de Cabral (Vigo) para enfrontarse ao A.D. Carballal, nun encontro sen maior transcendencia para os de Carballo a efectos de clasificación, que recordemos xa teñen asegurada a 4ª praza, pero no que loitarán para acadar os últimos puntos en xogo.

GRUPO LEMACO XIRIA – 33 (15+18): Jose (2), Tasende, Fran (1), Antón (6), Vila (3), Ronaldo (2), Andy (11), Mario, Roi (2), Renzo (2), Urbieta (1), Pedro (1), Pombo (2), Manuel e Samuel.

LAS 5 JOTAS LAVADORES – 19 (8+11): Pedro, Sergio (1), Alex, Christian (8), Adrián, Pablo (1), Javier, Xoel (2), Edgar, Andre (2), Diego (2), Andrés (3) e Luis.

Marcador cada 5′: (1-0), (4-1), (8-2), (11-6), (13-7), (15-8) // (18-10), (20-11), (23-12), (27-14), (31-16) e (33-19).

Clasificación trala 21ª xornada:

Clasificación

Galería de fotos do encontro: