O Laber Xiria dá un paso de xigante na liga
A xornada número dezanove, resultou ser moi frutífera para o Laber Xiria. Os de Carballo, coa súa vitoria ante o Seis Do Nadal de Vigo (33-30), vían como consolidaban a…

A xornada número dezanove, resultou ser moi frutífera para o Laber Xiria. Os de Carballo, coa súa vitoria ante o Seis Do Nadal de Vigo (33-30), vían como consolidaban a segunda praza e afastábanse catro puntos do Luceros, o seu inmediato perseguidor, despois da derrota destes en cancha do BM.Lalín (33-28). A falta de tan só tres xornadas para o final da liga regular, o Xiria adquire unha importante vantaxe para referendar esa segunda praza do campionato. Ante os seus próximos rivais, o Bueu (1º clasificado) , o Artabro (antepenúltimo) e o Pavillón de Ourense (penúltimo), os bergantiñáns deberán polo menos conseguir dous triunfos para depender de si mesmos e lograr o ambicioso obxectivo que dá opción de xogar o play-off que dá acceso ao campionato de España en Carballo. O Laber Xiria disputará o derbi contra o Artabro en casa e terá unha saída a Bueu e outra a Ourense para completar polo menos eses catro puntos que os sitúen de forma matemática e definitiva no segundo posto da clasificación.
O encontro de hoxe fronte aos olívicos foi difícil, un partido onde os verdinegros foron sempre por diante no marccador pero cunhas diferenzas que non daban lugar á tranquilidade. Mentres en ataque atopábanse lanzamentos a distancia e penetracións con certa solvencia e facilidade, na retagarda, os de Xiria sufrían máis da conta e non eran capaces de enlazar dúas defensas consecutivas. No intercambio de goles, os locais mostrábanse máis fortes e abrían unha pequena brecha ao descanso que daba certo respiro cara á continuación (17-14).
Non foi até mediado o segundo acto cando o Laber Xiria adquiría unha diferenza moito máis tranquilizadora (26-20). O 4-1 de parcial entre o minuto dez e o quince sería, ao cabo, definitivo e aínda que quedaban quince minutos por disputar, o bo facer dos carballeses, pletóricos en ataque no día de hoxe, non deron opción a un combativo Seis Do Nadal, que o único que puido facer é achegarse no electrónico até ese 33-30 final.
A semana que vén, o Laber Xiria (2º clasificado) enfrontarase nun partidazo ao primeiro da liga, o BM.Bueu, un duelo atractivo onde os Pontevedreses pódense proclamar campións galegos en caso de vencer e os de Carballo, dar un paso case definitivo para conseguir a tan ansiada segunda praza. O encontro, que se disputará en Bueu, será, a recado, un enfrontamento digno de ver, onde se supón que dous dos mellores conxuntos do campionato ofrecerán un duelo de poder a poder e un balonmán de alta calidade.
Laber Xiria: 33 (17+16). Antonio, Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (12), Juanka Rodríguez (12), José Pereira (1), Borja Rodríguez, Iván Calvo (5)**-Equipo Inicial-**Roi Alfeirán , Alex Figueroa, Andrés Vila, Kevin Santos, Diego Morandeira, Dani Esmorís, Fran Rey, Manuel Souto, Tito (1).
Seis Do Nadal: 30 (14+16). Velloso (1), Alberto, Gayo (3), Jorge (7), Anxo (1), Angel**,** Leiras (5), Martín, Diego (10), Rubén (1), Raul, Andrés (2).
Parciais: 2-2/5-6/8-7/10-9/14-12/17-14/**Descanso/**19-16/22-19/26-20/29-24/33-27/33-30/Final.
Colexiados: Angel Villar e Andrés Hermida. Sen complicacións. Excluiron con dous minutos a Gabriel Castiñeiras, Juanka, Iván Calvo e Kevin Santos por parte dos locais e a Martín Gayo polos visitantes.
Incidencias: Encontro da 19ª xornada da DH xuvenil masculino disputado no Vila De Noia ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.
Fotos do partido:















