Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Partido cómodo para o Goldie Xiria diante do Campus Ourense

Goldie Xiria 21 Campus Ourense 12 – (10-5) Dominou o encontro no marcador e no xogo o equipo carballés, que non tivo excesivas dificultades para impoñerse ao Campus Ourense. Quizá…

Goldie Xiria 21 Campus Ourense 12 – (10-5)

Dominou o encontro no marcador e no xogo o equipo carballés, que non tivo excesivas dificultades para impoñerse ao Campus Ourense. Quizá a sinatura pendente foi a finalización das accións de contraataque, onde o equipo quixo imprimir maior velocidade, o que acabou provocando excesivas perdas de balón.

Saíu ao encontro o Goldie con boa intensidade defensiva e orde en ataque, pese a elo, o ritmo lento das contrarias ía creando ansiedade na defensa o que provocaba por veces desaxustes defensivos que aproveitou o rival, e presas no ataque que precipitaba os lanzamentos sen elixir a mellor opción ante a portería do Campus.

Pese a todo, a boa colocación e o traballo defensivo ía limitando o espeso ataque ourensá, polo que o Goldie Xiria so tiña que agardar para saír en rápidos contragolpes. As baixas por lesión de Zeltia e Marta, fixeron que as menos habituais tomasen responsabilidades no encontro, con miras aos vindeiros complicados compromisos, coma a próxima salida a casa do líder e ata o de agora invicto Balonmán Porriño.

Goldie Xiria: Brenda Noya e Lucía Vilariño 1 (porteiras) Juana Garrochena 4 ,Elena Segade 2, Adriana Gómez, Jessica Posse 4, Laura Carracedo 7, Sheila Ferreiro, Alba Rodríguez, Tamara Pombo, Natalia Solís 2, Marta Regueira e Raquel Gómez 1.

Campus Ourense: Patricia e Bea (porteiras), Angela 2, Sheila, Xeila 2, Uxía 4, Claudia, Carmen 2, Laura 2 e Eva.

Marcador cada 5 min: /1-2/ /4-2/ /5-2/ /8-4/ /9-5/ /10-5/ /12-6//14-6/ /17-8/ /17-9/ /19-10/ /21-12/

Arbitraron: José Pérez e Víctor Freire excluiron a Jessica Posse, Lucía Vilariño e a Natalia Solís polo Goldie Xiria e a Uxía e Laura polo Campus Ourense.