O Laber Xiria remata en terceira posición o sector Estatal disputado en Pamplona

O Laber Xiria rematou en terceira posición o sector do campeonato de España disputado a pasada fin de semana en Pamplona. Os carballeses tiveron como resultados un empate (Leganés), unha derrota (Anaitasuna) e unha vitoria (Sporting Granollers), deste xeito quedaron en terceira praza empatados a puntos co Leganés debido ao golaveraje.

LEGANÉS 23- LABER XIRIA 23

Partido que comezou moi encamiñado para os carballeses que nos primeiros minutos de partido conseguían un parcial de 5-1 ao seu favor, a pesares de errar dous 7 metros e dous lanzamentos ao pau. Sen embargo, o Laber non conseguía impoñer o seu ritmo en ataque e atascábase cada vez máis na faceta ofensiva.

Neste contexto, as defensas gañaban aos ataques e, o partido mantiñase igualado e con moita tensión. De este xeito, chegamos aos últimos 30 segundos con un gol de ventaxa para os carballeses e con posesión de balón para os madrileños, foi así como nos últimos segundos do partido o Leganés conseguiu anotar e rematar o partido con 23-23 no marcador.

HELVETIA ANAITASUNA A 35 – LABER XIRIA 23

Ambos equipos necesitaban gañar para seguir na loita pola primeira praza do sector. De este xeito o comezo do partido estivo moi igualado, con ambos equipos con moitas ganas. Sen embargo, co paso dos minutos o Anaitasuna conseguía marcharse no marcador gracias a súa defensa, a cal o Laber non era quen de superar. Co paso dos minutos o Anaitasuna facía valer a súa superioridade física tanto na defensa cómo no ataque, donde facía moito dano aos carballeses na zona centro co xogo co pivote.

Foi así como o Anaitasuna ía facendo cada vez máis oco no marcador, o Laber non deixou de tentalo pero eran maiores as gañas que o bo facer no ataque e isto pesaba moito tamén na defensa.

 

KH7- BM SPORTING GRANOLLERS 27- LABER XIRIA 28

Derradeiro partido dos carballeses no sector, xa sen opcións de quedar primeiro pero si con moito en xogo ,a honra e marchar do sector con unha vitoria e con tan só unha derrota.

O partido foi igualado xa dende o comezo, con ambos equipos moi motivados. Con todo o Granollers conseguía unha pequena renta que o Laber non era quen de revertir. Pero foi nos últimos 10 minutos cando con moita garra e pundonor, apoidado polo seu público que estaba a animar sen para durante todo o sector, o Xiria conseguía ir recurtando distancias no marcador ata poñerse por enriba nos últimos minutos. Partido moi loitado polos carballeses, que con esta vitoria se despedían dun sector e dun ano no que nada se lle pode reprochar pois, pelexaron e loitaron sempre todos xuntos e en cada partido.

 

De este xeito remata a tempada para o Laber, con un balance positivo pois o xogo puido ser mellor ou peor pero, a loita e a defensa do escudo foi constante por parte de estos rapaces. Así remata unha xeración dos rapaces de segundo ano: Aaron, Pablo, Álex, Fer, Mario, Carlos, Diego, Dani, Toni. Xeración que xunto cos seus compañeiros de primeiro ano nos fixeron disfrutar do balonmán e acadaron un segundo posto galego en infantís, un terceiro posto en cadetes e un terceiro posto en xuvenís. Remata esta xeración no seu paso pola base, máis esperemos que non sigan a dar moitas alegrías nos anos que veñen no noso clube.