Quedaban dous partidos de liga para conseguir o obxectivo, pero os xogadores do Laber Xiria non quixeron esperar ao partido aprazado en Vigo e conseguiron o billete para o campionato de España este Domingo ante a súa afección e contra un combativo BM.Porriño.
Os carballeses, que fixeron un encontro moi serio, tomaron a dianteira no electrónico desde o inicio e xa non a deixaron, aínda que non foi até o segundo acto cando puxeron terra polo medio e ampliaron a diferenza a unha cómoda vantaxe que posibilitou un final tranquilo. A intensidade e solidariedade defensiva que impuxeron os de Xiria desde o primeiro momento, foi clave no transcorrer do envite, así como a velocidade no contragolpe. Isto permitiu que, a pesar de ter algún momento de incerteza ao longo do sesenta minutos, os verdinegros non pasasen maiores apuros ante o seu rival.
O BM.Porriño, un dignísimo rival, estivo a un gran nivel competitivo e tan só sucumbiu na continuación despois de chegar ao tempo de descanso cun axustado 13-11. Os bergantiñáns eran capaces de manter e mesmo incrementar o altísimo ritmo que expuxeran desde o primeiro minuto e os visitantes chegaban ao último tramo coas forzas máis que xustas. Un parcial de 6-2 no primeiros quince minutos da segunda parte, abría o camiño de forma definitiva cara ao obxectivo final e os seareiros locais estalaban nunha gran algarabía co asubío que anunciaba a conclusión do choque. O soño conseguiuse, o obxectivo estaba cumprido e o equipo poderá viaxar a semana que vén até Vigo para enfrontarse ao Octavio nun partido intranscendente cara á clasificación, xa que o billete cara ao campionato de España, queda en Carballo.
Laber Xiria: 29 (13+16). Dani Buño, Iván Campos (7), Gabriel Castiñeiras (4), Diego Gago, Lolo (3), José Pereira (2), Iván Calvo (6)-Equipo Inicial- Antonio Mato, Andrés Barca, Damián Rodríguez (2), Alex Figueroa, Borja González (1), Borja Rodríguez (1), Dani García (3), Tito, Digo Morandeira.
BM.Porriño: 22 (11+11). Samuel, Pereiro (7), Sergio (2), David (4), Gabriel (8), Fermín (1), Borja-Equipo Inicial- Pablo, Moreiras, Iván, Martín, Alex.
Parciais cada 5´: 3-2/4-3/7-5/9-9/10-10/13-11/Descanso/16-12/17-12/19-13/23-17/25-20/29-22/Final.
Árbitros: Andrés Tejo e Borja Bermúdez. Excluiron con dous minutos a Daniel García, José Pereira (2) e Iván Calvo (2) polos locais e a Iván, Martín, David e Alex (3) polos visitantes.
Incidencias: Encontro da 22ª xornada da liga de División de Honra en categoría galega disputado no Vila de Noia ante a presenza de un centenar de seareiros nas bancadas.
Declaracións do capitán Iván Campos despois do partido:
Fotos do encontro:

Clasificación:






