O LK vence a domicilio ao Bm. Arteixo na Copa de Balonmán 7

O LK vence a domicilio ao Bm. Arteixo na Copa de Balonmán 7

Bm. Arteixo 16 – LK Xiria 29: 1º(2-9), 2º(6-7), 3º(0-5), 4º(8-8)

Aaron (3), Daniel (5), Diego (6), Julián (5), Pablo (3), Noelia, Carlos (5), Lucía, Lara, Martín (2) e Marta.

O LK venceu por unha ampla vantaxe no 1º e no 3º tempo . No primeiro, Julián parou moitos lanzamentos claros, que eran transformados en rápidos contragolpes. O terceiro tempo foi o máis completo a nivel defensivo e onde o equipo xogou un mellor balonmán. No último cuarto os erros en defensa permitiron ao Arteixo anotar 8 goles. O último, o do empate, no derradeiro ataque do partido.

Por parte dos carballeses cabe destacar o bo traballo de Diego, sempre atento nas axudas defensivas e elixindo moi ben os pases en ataque. As rapazas do equipo alevín feminino que participaban co LK comezaron algo nerviosas, pero co paso dos minutos foron soltándose. Lara e Elena dispuxeron incluso algunha ocasión de gol.

 

Clasificación trala 6ª xornada:

Clasificación