O Marmolería J. Rey consegue a súa primeira vitoria

Á terceira foi a vencida e o Marmolería J. Rey de categoría infantil, conseguíu a súa primeira vitoria en liga, despois de dúas xornadas nas que saíu derrotado por curtas diferenzas. O encontro de hoxe, disputado na Casa Do Deporte de Lugo, non tivo dificultades para os de Carballo, que se mostraron moi superiores ao seu rival desde o inicio e durante os cincuenta minutos que durou a contenda. O 0-3 inicial, que obrigaba ao técnico local a pedir tempo morto ao primeiro de vez, acabou sendo un presaxio do que ía acontecer e mostraba o camiño a seguir para un Xiria que anotaba con facilidade no primeiro acto. O marcador, que reflectía un claro 2-15 para os verdinegros no tempo de descanso, era  mostra da superioridade bergantiñá no día de hoxe. Aínda que no segundo acto os de Lugo saíron un pouco máis elevado, facendo dano á retagarda carballesa e estes erraban lanzamentos sinxelos sós ante o porteiro, a diferenza era tan grande que en ningún momento temeuse pola vitoria do conxunto carballés, que a nada que se volveu a entoar nas dúas areas, continuou ampliando a distancia ata ese 9 – 28 que lle outorga os dous primeiros puntos na liga.

BM. Lucus: 9 (2+7). Pablo Fernández, Esteban Díaz, Mateo Vázquez, Juan Amedo (5), Angel Ramos, Brais Redondo, Sergio Laiz (2), Sergio Fernández, Yago García (1), Adrián Vázquez (1).

Marmolería J. Rey Xiria: 28 (15+13). Mateo Pallas (p), Andrés García (3), Alex Puñal (3), Anxo Canosa (6), Miguel Goimil, Martín Fuentes (2), Asel Cambón (2), Juanma Fajardo (2), José Alberto Suárez (1), Esteban Puñal (2), Pablo Esmorís (4), Javier Rodríguez (3).

Colexiado: José Angel Carballeira. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da terceira xornada da liga territorial infantil masculino celebrado na Casa Do Deporte de Lugo. Nas bancadas, un centenar de siareiros, algúns deles, chegados dende Carballo.

Fotos do partido:

img-20161112-wa0006

img-20161112-wa0000

img-20161112-wa0001

img-20161112-wa0002

img-20161112-wa0004