O Marmolería José Rey Xiria demostra a súa progresión a pesar da derrota
O partido disputado, o sábado, a domicilio contra o Arteixo Balonman; demostra ás claras que os carballeses son un equipo distinto ao que se enfrontou hai dúas semanas ao Culleredo.…

O partido disputado, o sábado, a domicilio contra o Arteixo Balonman; demostra ás claras que os carballeses son un equipo distinto ao que se enfrontou hai dúas semanas ao Culleredo. A actitude, as gañas, e a entrega coa que os xogadores carballeses saen a disputar os partidos é diferente, e unido á progresión adquirida nos adestramentos, fai que sexan un equipo temible á hora de pelexar pola vitoria.
Saía á pista, sen ningún complexo o Marmolería José Rey Xiria, e con bo criterio en ataque e moita mobilidade, atopaba situacións claras de lanzamento, pero o porteiro rival, que tivo un día acertado, non lle poría as cousas nada fáciles á hora de facer gol. Factor que aproveitaba o Arteixo, para establecer unha diferenza de 3 goles grazas ao xogo co pivote.
A pesar de verse por baixo no marcador, o Marmolería José Rey mantería a calma, e corrixindo entre todos a defensa, chegaba ao descanso cun igualadísimo partido e con todo por decidir.
Na continuación, o Arteixo sairía a por o partido, a través de accións individuais da súa primeira liña, e volvía establecer unha pequena diferenza; pero con esforzo e traballo colectivo, os carballeses igualarían a contenda; chegando aos minutos finais con máxima tensión e os dous puntos en xogo.
Ao final os locais levarían a vitoria por 22 a 20, a pesar do bo xogo mostrado polos xogadores carballeses, que non se puido ver reflectido no marcador debido aos erros no lanzamento.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Galán de Oseiro ante un centenar de seareiros.
Por parte del MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA jugaron: Darío Calviño [p], Asel Cambón, Juan Martín Fajardo, Pablo Esmoris, Andrés García, Javier Rodríguez, Martín Fuentes, Miguel Goimil, Alberto Suárez, Esteban Puñal, Alex Puñal, Anxo Canosa.


