Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

As perdas de balón lastran ao Garaysa Xiria

Complicado viaxe, a Vigo, o que que tiña o Garaysa Xiria este fin de semana no seu enfrontamento contra o A.D. Carballal. O partido saldouse coa primeira derrota dos carballeses…

Complicado viaxe, a Vigo, o que que tiña o Garaysa Xiria este fin de semana no seu enfrontamento contra o A.D. Carballal. O partido saldouse coa primeira derrota dos carballeses lastrados polas perdas de balón na saída ao contraataque, que supuñan ocasións claras de gol para os vigueses.

Empezaba ben o encontro para o Garaysa; con pequenas diferenzas no marcador pero con síntomas de dominar o ritmo de xogo. Unha gran defensa sobre a primeira liña local, permitía recuperar balóns e subir rapidamente ao contraataque; unha das mellores virtudes que ten este equipo e que esta vez lle xogou unha mala pasada. Foi por aí, onde se agarrarou ao encontro o Carballal; con finalizacións cómodas onde Pedro, na portaría, nada podía facer, a pesar do seu gran partido. Ao descanso, marchábase o Carballal por diante 16 a 15; despois de que os carballeses lanzasen unha falta directa ao pau, co crono a cero.

Na continuación, o Garaysa despregaba todas as súas armas cunha gran defensa colectiva e de moito desgaste, e que o Carballal non conseguía atopar espazos. Pero o bo facer defensivo, non se vía favorecido en ningún momento; xa que as numerosas faltas en ataque non pitadas e os pasos permitidos aos xogadores locais influían claramente no devir do encontro.
Non baixaba os brazos o Garaysa Xiria, con todo o equipo animándose e apoiándose, tratou de conseguir os dous puntos; que esta vez caerían ao lado vigués; e que deixa aos dous equipos empatados a puntos na clasificación co Cisne moi preto, na pelexa polo campionato galego.

A seguinte xornada disputarase o 15 de xaneiro do 2017 e o Garaysa Xiria recibe en Carballo ao S.A.R. de Redondela.
Incidencias: Partido disputado non pavillón o Loureiro con aproximadamente 150 seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Andrés Hérmida Vila do colexio galego. 7 metros: A.D Carballal 4/4 Garaysa Xiria 2/3

Marcador cada 5 minutos: 2-3, 3-5, 6-6, 10-9, 16-15, descanso, 18-16, 20-19, 21-21, 24-23, 31-28.

A.D. CARBALLAL 31 ( 16 + 15 ): Guillermo Álvarez, Raúl Carrido, Yeray Novo (10), Ignacio Casias (2), Adrián Leal (2), Iago Casias (5), Lois Martínez, Alejandro López, Pablo Vilaroa (1), Iván Martínez, Brais Alonso (1), Roi Gallego (10), Pedro Pérez.

GARAYSA XIRIA 28 ( 15 + 13 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (2), Carlos Varela, Mario Cancela (11), Daniel Mallo (5), Fernando Mallo (3), Juan Pereira (2), Diego Antelo (3), Julián García, Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (2), Pablo Esmoris.

Próximo partido

Máis sobre isto