O Marmolería Jose Rey Xiria puxo en serios apuros ao líder, o Bm. Pontedeume, que tivo que sacar a artillería para levar o encontro

Marmolería Jose Rey Xiria – 22 (10+12): Diego Lema, Miguel, Renzo (2), Diego A., Mario (11), Juan (4), Sueiro (2), Pablo (1), Diego R., Toni (2), Paulo e Aaron.

Bm. Pontedeume – 26 (16+10): Pablo L. (1), Luis, Iker, Alén, Brais A. (3), Pablo M. (3), Antón (7), Brais I., Marcos (8), Carlos (4), Hermida, Álvaro, Castor e Manuel.

O Pontedeume chegaba a Carballo contando os seus partidos por vitorias e tivo que pelexar ata o último minuto para superar a intensidade defensiva do Marmolería e poder levarse o encontro.

Durante a primeira metade o Pontedeume mandou no marcador. O Xiria semellaba atascado en ataque tentando superar aos grandes defensores do Pontedeume con accións individuais que remataban en faltas ou en lanzamentos precipitados. En defensa tampouco comezou moi fino o Marmolería, que chegaba tarde nas axudas e faiaba na marcaxe ao pivote. Sen embargo a medida que transcorría o tempo ía axustando os erros en defensa e, apoiados por Diego na portería que volveu a asinar un fantástico partido, obrigaban ao Pontedeume a facer un xogo máis elaborado para acadar situacións claras de gol.

Na segunda metade o Marmolería Jose Rey Xiria mellorou moito a mobilidade en ataque e o xogo máis individualista do primeiro tempo deu paso a un xogo máis colectivo que esixía moito traballo aos grandes defensores do Pontedeume. Tamén se mellorou a actitude defensiva con respecto a primeira metade, as axudas chegaban a tempo e o pivote, sempre cuberto, deixou de ser unha referencia para o ataque visitante. Diego Antelo foi un dos artífices da mellora do equipo en ataque nesta segunda metade, fixando e repartindo o xogo moi intelixentemente e creando espazos que eran ben aproveitados polos seus compañeiros.

O parcial deste segundo tempo foi de 12-10 a prol do Xiria, pero a diferenza acadada no primeiro tempo era demasiada e fixo imposible culminar a remontada.

Clasificación trala 12ª xornada:

Clasificación

Entrevistas tralo encontro:

Renzo Díaz do Marmolería Jose Rey Xiria:

Diego Antelo do Marmolería Jose Rey Xiria: