O mellor e o peor Goldie Xiria da tempada perde na Guarda

Enlace del partido:

Partido correspondente á xornada 13 de 1ª Autonómica feminina. O Goldie Xiria viaxaba para enfrontarse ao Mecalia Atl Guardés.
Empezaba ben o partido para as de Carballo. Traballando ben en defensa e cómodas na subida do contraataque conseguían a primeira diferenza de 3 goles que obrigou ao Guardés para parar o partido e reestruturar ás súas xogadoras.
Pero parecía que o Goldie Xiria atopaba o camiño a unha vitoria, grazas ao bo facer de todas as xogadoras. Sólidas e sen apenas perdas de balón o marcador iríase ata 7 a 14 a falta de 5 minutos para o descanso. Pero dúas exclusións, ben enfocadas polas locais; permitiulles recortar diferenzas e manterse con opcións no encontro. 11 a 14.
Na continuación, xogaba o Goldie Xiria cunha menos durante 53 segundos. Presionaba o Guardés buscando a remontada e o Goldie Xiria empezábase a atascar ante a pasividade arbitral que non lles concedía ningún golpe franco e en cambio vía como en defensa as súas accións acababan en exclusión.
Cada erro en ataque, levaba a unha precipitación e a un desaxuste defensivo. A desesperación empezouse a apoderar do Goldie Xiria que vía como o seu xogo convertíase en continuas accións individuais a través do bote de balón e a defensa partíase non chegando a axudar e coordinar de igual forma que na primeira parte.
Guardés poñíase por diante e ao Goldie Xiria escapábanselle 2 puntos que parecía ter dominados.
Partido para aprender a actuar como un equipo cando a situación parece un caos e o pánico aflora no ambiente. No momento que o Goldie Xiria consiga sobrepoñerse a estas situacións estará preparado para dar un salto de calidade. Moi importante descansar nas vacacións para volver coas pilas cargadas e incrementar o nivel dos adestramentos, que son a parte fundamental da competición; e permitirá ao Goldie Xiria poder loitar polas máximas aspiracións.

 

Incidencias: Partido disputado no pavillón A Sangriña ante uns cen seareiros. Colexiados: Chritian García e Andrés Tejo. Caseiros. Ata 7 exclusións tivo o Goldie Xiria por ningunha das locais, que tiveron unha amarela en todo o encontro. 7 metros: Mecalia Atl Guardés 1/4 Goldie Xiria 0/2

MECALIA ATL GUARDÉS 25 ( 11 + 14 ): Pilar Vila, Rebeca Vicente, Vera Kurchankova, Eva Fernández, Judit Ramos, Cristina Barbosa, Claudia Martínez, Antia Ferreira, Laura Alonso, Irea Piñeiro, Yamila Michelle, Carmen Crespo, María Doiro, Beatríz Estévez.

GOLDIE XIRIA 20 ( 14 + 6 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Natalia Solís, Soraya Martínez, Eva Facal, Tamara Pombo, Mina Ribullén, Aida Vizcaíno, Jessica Posse, Saray Couto, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez.