O Porriño cae ante o Grupo Lemaco A

Grupo Lemaco Xiria 35 – Balonmán Porriño 30 (15-14)

Chegaba a Carballo invicto o Balonmán Porriño, as baixas no Grupo Lemaco facían que o partido tivera un fácil prognostico en favor dos visitantes, superiores na clasificación, pero os xogadores locais creron dende o primeiro minuto na vitoria que acabarían conseguindo ao final.
Apostou descaradamente o Xiria por unha defensa aberta, deixando moito espazo tras os avanzados pero sabendo corrixir, nas máis das veces, nos cambios de opoñente. O Porriño viuse obrigado a ataques curtos que en moitas casos foron precipitados, beneficiando ao Xiria, que si ben renunciou a interceptación do balón, pero do máis consistencia a defensa das traxectorias.
Co transcorrer do partido o Grupo Lemaco vía por onde podía superar ao seu rival, cunha mobilidade de balón entre liñas larga e sen perdas, mover ata gañar unha posición clara, e funcionoulle, foi poñendo diferenzas no marcador, o que inducía ao Porriño en máis presas e en querer resolver directamente.
Vitoria das importantes, das que supoñen un paso adiante no nivel futuro do equipo, que aspirará a estar entre os mellores de Galicia.
O Grupo Lemaco queda na clasificación a tan so un punto do Porriño, a falta de dúas xornadas.

Grupo Lemaco Xiria A 35 (15): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 7, Alberto Rodríguez 7, Nicolás García 2, Xurxo Fraga 1, Samuel Regueira 1, Pablo Veiga 12, Marcos Amarelle , Manu Rey 5

Balonmán Porriño 30 (14): Adrián Carrera 10, Hugo Rodríguez 1, Eduardo Alonso 6, Martín Bar, Alex Ocampo, Rodrigo Pereira 2, Lucas Antunes, Xulio Fernández 3, Nicolás Giraldez, Iker Balado 2 e Juan Rodríguez 6

Arbitrou: Pablo Torreiro