O Porriño non foi rival para o Grupo Lemaco “A”

2ª Xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino
BM: Porriño 9 – Grupo Lemaco Xiria A 61 (3-31)

Novamente o Grupo Lemaco amosouse excesivamente superior ao seu rival durante os sesenta minutos de encontro.
O equipo de Carballo saíu con moita seriedade e rigor defensivo desbaratando calquera intento do Porriño por achegarse con perigo a posicións de lanzamento e en ataque imprimindo ritmo e velocidade nas accións, aos 15 minutos a sensación do rival era de total impotencia. Cun 3 a 31 remataba a primeira metade.
Todo continuou igual na segunda metade, a pesar de ser difícil de aguantar a concentración neste tipo de encontros, o resultado final fala por si solo 9 a 61.
Na próxima xornada e derradeira desta Fase de Clasificación o Xiria recibe ao Abegondo, o outro equipo que conta os seus partidos coma vitorias.

Balonmán Poriño (3): Antón Sio 1, Luis Vázquez, Pablo Rodríguez 1, Francisco Pérez 4, Bruno García, Simón Giraldez, Antón Lassien 1, Ivan Benaches, Elias Alonso 1, Unai Soto 1.

Grupo Lemaco Xiria A 61 (31): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 2, Henrique 3, Aday 2, Marcos Suárez 4, Nico Cancela 9, Marcos Varela 3, Brais 4, Simón 8, Maxi 5, Jorge 9, Dani Periscal 12.

Arbitrou: Oscar Fernández