O repregamento defensivo lastra ao Goldie Xiria na segunda parte

Quinta xornada de liga para o Goldie Xiria; que se enfrontaba á SAR en Rendondela. Un equipo con moito oficio e con xogadoras con experiencia na categoría de prata do balonmán feminino; onde o Goldie só puido aguantar o ritmo de xogo durante os primeiros 30 minutos.
Un inicio de choque con mínimas diferenzas entre os dous conxuntos. Que a SAR rompería ao seu favor cun parcial de 2 a 0 na primeira exclusión do Goldie Xiria. O marcador oscilaba con pequenas vantaxes para as locais de entre catro e dous goles.
Ritmo de xogo alto; moita velocidade de balón en ataque o que permitiu ver un bo balonmán durante a primeira metade. 16 a 14 ao descanso.
Na continuación; as do Goldie non foron capaces de seguir o ritmo que impuxeron as locais; que a través do seu 6:0 e unhas extremos moi rápidas na saída ao contraataque marcaban un parcial que ao cabo sería definitivo. Demasiadas accións individuais, na segunda metade que ocasionaban lanzamentos precipitados e que a SAR aproveitaba para saír comodamente ao contraataque.
O resultado final de 34 a 23, foi xusto, xa que as de Carballo baixaron os brazos antes de tempo, ante un dos equipos que como local, pode ser dos mellores da categoría.
A seguinte semana, as xogadoras do Goldie Xiria volven xogar como visitantes. Esta vez, xogarán ante o Seis do Nadal, en Vigo, o sábado ás 16:00. O obxectivo de recuperar o ton defensivo, que as levou a ser o conxunto menos goleado da categoría, e conseguir os dous puntos.
Incidencias: Partido disputado no pavillón A Bombonera ante un centear de seareiros. Colexiado: Andrés Tejo Vila do colexio galego. Excluíu a Tamara Pombo, Elena Segade e Jessica Posse por parte do Goldie Xiria.

SAR SOLERA & MAPACHE 34 ( 16 + 18 ): Inés Martínez, Natalia Taboas (2), C. Rodríguez (2), Sandra Fernández (10), Noelia Taboas, Carla Barciela, Laura López (4), Lucía Groba (2), Tania Pérez (1), Eva Paz, Nerea Bouzón (11), Ana Rodríguez (2), Laura González.

GOLDIE XIRIA 23 ( 14 + 9 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p],  Juana Garrochena (1), Alba Rodríguez, Támara Pombo (6), Natalia Solís, Jessica Posse (4), Saray Couto, Soraya Martínez, Sandra Santos, Elena Segade (2), Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (2), Zeltia Landeira (8).