O Garaysa Xiria sentencia o derbi nunha gran segunda metade

Xornada 7 na división de honra infantil masculina, e nova vitoria para o Garaysa Xiria tras unha excelente segunda parte ante o Oar Coruña.
Os primeiros minutos estiveron marcados polo baixo nivel defensivo dos dous equipos. Un Garaysa Xiria irrecoñecible neste aspecto permitiu demasiadas facilidades ás primeiras liñas Oaristas, que chegaban a lanzar desde 6 e 7 metros. Tamén na área rival, unha defensa estática e plana non era capaz de parar as envestidas carballesas, e trataba de facelo con continuos agarróns e empuxóns que ben puideron acabar con algún xogador lesionado, ante a permisividade árbitral. Así ao descanso chegouse con 16 a 15 e todo por decidir.
Pero hai factores, cos que non se pode loitar e ao final o único que valía era tratar de conseguir os dous puntos.
Con esa premisa, saíron a xogar os xogadores do Garaysa Xiria na segunda parte; que evadidos de toda batalla, deron exemplo; primeiro de comportamento; dedicándose a facer o que máis lles gusta. Xogar ao balonmán. E segundo, todo o equipo realizou un gran traballo defensivo e unha excelente circulación de balón que levou á segunda parte a acabar cun parcial de 17 a 6.
Para un resultado final de 33 a 21.
A seguinte xornada; disputaraa o Garaysa Xiria en Vigo; ante un Carballal, que tamén está nos postos cabeceros; polo que se espera un gran partido;  o día 1 de novembro ás 10:00 no pavillón Ou Loureiro.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros de ambos conxuntos, que estiveron moi animados. Colexiado: Blanca Vázquez do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 33 ( 16 + 17 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García (2), Ángel Viña, Esteban Puñal (6), Julián García (7), Martín Fuentes (6), Miguel Goimil (3), Alberto Rodríguez (1), Miguel Goimil, Pedro Porteiro, Juan Martín (4), Alberto Suárez (4).

OAR CORUÑA 21 ( 15 + 6 ): Efrén Oviñao (2), Adrián Pérez (5), Daniel Garea,  Andrés Resch (1), Gabriel Mella (1), Pedro Varela, David Tarrio, Ramón López (5), Marcos López (6), Ángel Ordoñez (1), Cristovo Castro.