O grupo cadete do Xiria viaxou esta fin de semana a Cangas para afrontar o Play-Off de acceso á Primeira División Galega nun grupo complicado.
Pizzería Baratto Luceros 44 – 23 Hierros Varela Urbieta Xiria: O encontro do venres ante os claros favoritos comezou cuncha rápida imposición no marcador dos locais, pero o Xiria, lonxe de abandonar, acortou pouco a pouco as diferenzas no marcador grazas a boa labor defensiva e a un Iker moi efectivo en portería para chegar ó descanso (17-12). Dende o comezo da segunda metade os locais non deron opción na pista e impuxeron a súa condición de favoritos ante un Hierros Varela que non atopaba portería ante o ben facer da defensa local e do porteiro. Aínda que o encontro non foi para nada favorable, os carballeses non baixaron os brazos en ningún momento e pelexaron ata o final.
Serviauto Bueu 43 – 25 Hierros Varela Urbieta Xiria: No partido decisivo do Play-Off os de Bueu comezaron impoñéndose con facilidade no marcador cos 1×1 explosivos da primeira liña pontevedresa, pero pronto o Xiria adaptou a defensa con máis axudas e mantivo as distanzas durante toda a primeira metade (18-14). Na segunda metade a imposibilidade de atravesar a defensa de Bueu propiciou numerosos contraataques que distanciaron ó conxunto axul. O Xiria, vendo como se escapaba a oportunidade de militar en Liga Ouro, recibiron un forte golpe e renunciaron ó partido. As perdas de balón reiteradas e a renuncia de baixar no repliegue deixou unha mala imaxe que borrou o ben facer da primeira metade. Catro xogadores cun gran potencial ofensivo borraron as aspiracións carballesas marcando 39 dos 43 goles do encontro: Anxo, Pablo, Mario e Alberto.
Hierros Varela Urbieta Xiria 31 – 36 – Valinox Novás: No derradeiro partido da fase e con nada en xogo, ambos equipos pelexaban por acadar os puntos da honra no pavillón do Cangas. O intercambio inicial de goles quedou interrumpido cun súbito parcial do Novás de (0-6). De pouco serviu o tempo morto do conxunto verde, que seguía errando sistemáticamente lanzamentos a portería e encaixaba goles de contraataque e extremos, chegando (15-21) ó descanso. Na volta a pista, a altísima efectividade desde extremo cerrado do Novás e o xogo colectivo planteaba dificultades no 5:1 do equipo verde, que vía medrar a diferenza ata os 8 tantos. Sin embargo, os rapaces do Xiria aumentaron a súa actividade defensiva interceptando numerosos balóns e interrumpindo constantemente o xogo do Rosal, xerando numerosas ocasións de constraataque claras que non sempre foron capaces de transformar. O encontro se igualaba cando dúas exclusións do Xiria puñeron punto final as aspiracións carballesas (31-36).
Nun mal fin de semana para os rapaces de Carballo, os claros favoritos acadaron a merecida plaza en Liga Ouro: Cangas e Bueu. Agora o equipo cadete debe preparar a conciencia unha complicadísima Liga Prata onde participarán a meirande parte dos equipos fortes da zona norte que foron apeados do Play-Off: Xiria, Línea21, Abegondo e OAR.


