O Balonmán Xiria estrea furgoneta cunha subvención da Deputación da Coruña

O Balonmán Xiria estrea furgoneta cunha subvención da Deputación da Coruña

O Balonmán Xiria xa conta cunha nova furgoneta para os desprazamentos dos seus equipos. Trátase dunha Renault Trafic de nove prazas, adquirida polo club cunha subvención de 25.000 € concedida pola Deputación da Coruña para a compra de vehículos destinados á actividade deportiva.

A furgoneta do club, rotulada co logotipo da Deputación da Coruña

O vehículo, xa rotulado coa imaxe do club e da institución provincial, empregarase nos desprazamentos das distintas categorías das Escolas de Balonmán Xiria ao longo de toda a tempada, unha actividade que cada curso supón milleiros de quilómetros por toda Galicia.

A entrega da furgoneta no concesionario

Dende o club queremos agradecer á Deputación da Coruña o seu apoio ao deporte de base, que fai posible investimentos coma este e que redunda directamente nas familias e nos deportistas da nosa canteira.