O conxunto xuvenil de E.BM.Xiria, o Xiria Laber, conseguíu unha nova vitoria e aumenta a distancia cos seus perseguidores grazas á derrota de Lalín en Porriño.
Era o primeiro partido despois do parón do Nadal e tamén o primeiro derbi da segunda volta. O BM. Lalín, inmediato perseguidor dos verdibrancos pola segunda praza, perdera en Porriño, sen dúbida, unha ocasión única que non había que desperdiciar. Os carballeses conseguiron o obxectivo da vitoria, aínda que o encontro non foi demasiado bo e durante toda a primeira parte mostráronse irregulares, alternando boas accións con certas imprecisións que mantiñan as curtas diferenzas no marcador.
O electrónico reflectía un 16-13 no tempo de descanso que deixaba todo por decidir na continuación, aínda que a intensidade e a loita exposta polos verdibrancos, non deixaban lugar a ningunha dúbida.
Foi no segundo tempo cando os de Xiria remataron definitivamente o envite, apoiados nun ritmo alto de xogo e esperando que chegase o esgotamento do seu rival, que non tardou en aparecer. Ao final, un cómodo 38-29 que deixa aos de Carballo metidos de pleno na loita por esas prazas que darán acceso ao campionato de España ao terminar a liga regular.
Xiria Laber: 38 (16+22). Antonio Mato, Iván Campos (7), Gabriel Castiñeiras (6), Enrique Pena (4), Manuel Rial (2), José Pereira (5), Iván Calvo (6)-Equipo Inicial-Dani Buño, Andrés Barca (1), Alex Figueroa (1), Borja González (3), Diego Gago (1), Borja Rodríguez, Dani García (2), Tito.
BM.Artabro: 29 (13+16). Otero, Lucas (4), Barreiro (6), Braña (5), Miguel (4), domingo (4), Ignacio (5)-Equipo Inicial-Manuel, Conde, Javi, Iago, Jorge (1).
Árbitro: Gabriel Fologoso. Non influíu no resultado final.
Resultado cada 5´: 3-3, 6-6, 11-9, 13-11, 16-13-Descanso-20-14, 24-16, 26-18, 28-21, 32-25, 38-29.
Incidencias: Partido dá 13ª xornada da liga de División de honor en categoría xuvenil nasculino celebrado no Vila de Noia de Carballo ante a presenza de cincuenta espectadores.
Clasificación 13ª xornada:
Fotos do partido: