O Xiria Laber suma unha nova vitoria en Vigo fronte o Lavadores

O Xiria Laber suma unha nova vitoria en Vigo fronte o Lavadores

U. D. Lavadores – 27 (12+15): Sandoval, Barredo (6), González R., Lorenzo (3), López, Pozuelo, Martínez, Covelo (7), Parada (5), Estévez (2), González S., Seara, Álvarez (4) e Escudero.

Xiria Laber – 33 (15+18): Tito, Dani Gª. (4), Borja R. (1), Pereira (3), Buño, Lolo (6), Diego (1), Borja G. (3), Enrique (7), Alex, Gabriel (2), Iván Campos, Andrés e Antonio

Os xuvenís do Xiria deixaron claro dende o comezo que non ían deixar escapar o encontro, impoñendo rapidamente as primeiras vantaxes no marcador. Min. 5 (1-5).

Gabriel facía un traballo moi bo dirixindo ao equipo en ataque e desgastábase defendendo no avanzado. Tamén José estivo moi pendente na marcaxe ao pivote local, que era a referencia ofensiva do equipo vigués.

Ata mediada a primeira metade as sensacións eran boas. Min 18 (5-11). Sen embargo o Xiria, confiado pola vantaxe, relaxou a intensidade e permitiu que o Lavadores se mantivera no partido. Nos últimos compases do primeiro tempo os carballeses quedaron con 4 no campo por varias exclusións, feito que aproveitaron os de Lavadores para reducir diferenzas e colocar o (12-15) ao remate do primeiro acto.

No segundo tempo o Xiria Laber centrouse no ataque para aumentar a vantaxe co Lavadores, deixando máis de lado as tarefas defensivas. E así, cun vaivén de goles e erros de ambos equipos, o Xiria recuperaba as diferenzas no marcador. Min.12 (18-24). A vantaxe mantívose ata o remate do encontro (27-33).

Con esta vitoria o Xiria Laber mantén a 2ª posición na táboa, praza que outorgaría o dereito a participar no Campionato Estatal de Clubs.

 

Clasificación trala 13ª Xornada:

Clasificacion