Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Xiria Telepizza Carballo clasifícase para xogar a Fase Final Alevín Bm7 tras vencer na última xornada ao LK Xiria

O pasado fin de semana remataba a Liga Alevín de Bm7 con moito en xogo aínda para varios equipos, que loitarían ata o último minuto por rematar entre os 4 primeiros e…

O pasado fin de semana remataba a Liga Alevín de Bm7 con moito en xogo aínda para varios equipos, que loitarían ata o último minuto por rematar entre os 4 primeiros e acadar así unha praza para xogar a Fase Final. Nesta última xornada enfrontábanse os dous equipos que E. Bm. Xiria ten participando nesta competición: LK Xiria e Xiria Telepizza Carballo.

Os do Telepizza Carballo estiveron máis atinados cara o gol nos dous primeiros cuartos, acadando nestes períodos a vitoria pola mínima. No terceiro tempo o LK impúxose con autoridade e no último cuarto o Telepizza conseguía os dous últimos puntos en xogo.

LK XIRIA 2 – XIRIA TELEPIZZA CARBALLO 6

1º(5-6), 2º(6-7), 3º(5-1) e 4º(0-5)

No LK xogaron: Miguel (2), Nina (1), Álvaro (4), Natalia, Anna (1), Juanma (4), Samuel R, Alex (1), Nerea, Alberto e Lucía (3).

No Xiria Telepizza Carballo xogaron: Elena (2), Ángel (3), Julián (6), Mateo, Lara (3), Marta, Andrés (1), Pedro (1) e Asel (3).

Clasificación final da Liga Alevín Bm7:
Clasificación final Alevin Bm7

Coa vitoria por 2-6 para o Xiria Telepizza Carballo consegue rematar na 3ª posición e xogará o martes 17 a Fase Final no colexio Liceo (A Coruña). O LK Xiria remata na 6ª posición amosando unha importante melloría dende o comezo pero acusando unha segunda volta con varias baixas de longa duración.

Fotos do encontro:
IMG-20160516-WA0005 IMG-20160516-WA0000 IMG-20160516-WA0001 IMG-20160516-WA0002 IMG-20160516-WA0003 IMG-20160516-WA0004



FASE FINAL:

A Fase Final Alevín de Bm7 dispútase este Martes 17 de Maio no Colexio Liceo de A Coruña.

Os equipos clasificados tras rematar a Liga son:

1º COLEGIO LICEO VERDE
2º ESC. MCPAL ABEGONDO A
3º XIRIA TELEPIZZA CARBALLO
4º ESC. MCPAL ABEGONDO B

Os horarios son os seguintes:

10:00h COLEGIO LICEO VERDE – ESC. MCPAL ABEGONDO B
11:00h ESC. MPAL ABEGONDO A – XIRIA TELEPIZZA CARBALLO
12:15h 3º e 4º posto
13:15h Final