Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 64 – BM PONTEDEUME.ES 15

Oak English Centre Xiria (34+30) 64: Antón, Iago (9), Brais Puñal (7), Martin, Villaverde, Rodríguez, Pardiñas, Miguel (11), Zas (12), Naya, Barreiro (13), Brais Pazos, David (13), Jorge. Balonmán Pontedeume.es…

Oak English Centre Xiria (34+30) 64: Antón, Iago (9), Brais Puñal (7), Martin, Villaverde, Rodríguez, Pardiñas, Miguel (11), Zas (12), Naya, Barreiro (13), Brais Pazos, David (13), Jorge.

Balonmán Pontedeume.es (6+9) 15: Iago (4), Álvaro (6), Javier (3), Ángel, Julián (2), Manuel, Igor, Cabezal, Kevin, Hugo, Carlos.
Colexiado: José Ignacio Pereira Navaza. Sen complicacións.

O Oak English Xiria disputou o seu primerio partido no camipionato territorial de cadete masculino. O seu debut fíxose agardar ata esta segunda xornada debido a que na primeira xornada lle tocou descansar.

O partido só tivo historia nos primeiros minutos nos que unha sólida defensa e un rápido eficaz contrataque fixo que o equipo local se marchase pronto no marcador ata chegar a unha diferenza no descanso de 28 goles a prol dos de Carballo (34-6).

O segundo tempo foi un trámite para o equipo carballés que propio da relaxación que da a vantaxe concedeu varios goles que non debera, a pesar de seguir aumentando as diferenzas no marcador. Diferenzas que chegaron ata os 49 goles o final do partido.

A vindeira fin de semana o equipo que dirixe Juan Rodríguez tentará seguir con este nivel no partido que o enfrontará coa Escola Municipal de Camariñas na pista palilleira.