OAR CORUÑA: 26 – GRUPO LEMACO XIRIA: 34

CADETE DIVISIÓN DE HONRA

OAR 26 (10+16): Javi, Diego (1), David (3), Alejandro (5), Mario (4), Iago (2), Rosende (4) – Equipo inicial – Darío (1), Pablo (2), Sergio, Raul (4), Marcos, Capelán.

Grupo Lemaco Xiria: 34 (19+15) Antonio, Carlos (3), Gabriel (5), José (6), Andrés (1), Iván (7), Juanca (8) – Equipo inicial – Souto, Tito (1), Xurxo (2), Borja, Outes, Diego, Alex (1).

O equipo de E.BM.Xiria en categoría cadete, viaxaba a Coruña para enfrentarse ao OAR, no que sería o segundo derbi da tempada, despois do que xa lles enfrentara ao BM.Ártabro no Carballo Calero de Carballo.

Nunha excelsa primeira parte, a mellor da tempada, o Grupo Lemaco deixaba sentenciado o partido cun parcial de 10-19 e un xogo cheo de dinamismo e vistosidade para os moitos siareiros que se deron cita nas bancadas de San Francisco Javier.

O envite, comenzaba coa igualdade no marcador como nota predominante e, así, no minuto cinco, os carballeses mandaban por un apretado 2-3 que facía presaxiar un partido duro e incómodo para os seus intereses. Pero a realidade foi ben distinta e, en cuestión de poucos minutos, os bergantiñáns impoñían o seu dominio en todas as facetas do xogo. En tarefas defensivas, a intensidade, atención e contundencia dos visitantes era sobresainte e a colaboración co gardamallas, rozaba a perfeccón. A boa labor da retagarda, propiciaba que os verdibrancos pudieran lucir a sua velocidade no contragolpe e destrozar o balance dos coruñeses con moita movilidade e ca velocidade e continuidade da pelota. Xa, no primeiro tempo, o técnico local tiña que agotar dous dos seus tempos mortos, incapaz de frear o alto ritmo de xogo e a labor de conxunto do equipo de Carballo.

Na reanudación, pouco o nada cambiou o panorama e os carballeses seguían a dominar o ritmo de partido e todas as fases do xogo de xeito maxistral. A diferencia aumentaba en cada minuto e, así, no vinte de esta parte, a distancia era de trece goles (16-29). O conxunto do OAR aproveitou estes derradeiros dez minutos para maquillar un pouco o resultado e a relaxación dos xogadores visitantes neste tempo, fixo posible que o electrónico rematase co definitivo 26-34.

A semana que ven, o conxunto de Xiria terá un complicado encontro en Pontevedra contra o Teucro. De gañar e sumar os dous puntos en xogo, os de Carballo, que ocupan agora a quinta praza da táboa clasifiatoria, empatarían a puntos no segundo posto co seu rival.