Os alevíns de Telepizza Xiria, completan un gran partido contra o Liceo
Os alevíns de Telepizza Xiria, lograron un contundente triunfo na mañá deste Sábado na pista do colexio Liceo, na Coruña. O conxunto de balonmán 7, mostrouse moi superior ao seu…

Os alevíns de Telepizza Xiria, lograron un contundente triunfo na mañá deste Sábado na pista do colexio Liceo, na Coruña. O conxunto de balonmán 7, mostrouse moi superior ao seu rival no día de hoxe, gañando con solvencia os catro tempos en disputa e mostrando un nivel de progresión notable por parte de todos os xogadores.
Destacar o labor de conxunto e a xenerosidade dos xogadores cos seus compañeiros, feito que a recado reportará éxitos deportivos nun futuro. A entrega por parte de todos os compoñentes deste grupo, foi sobresainte, mostrando ademais unha dose moi alta de dominio técnico-táctico en innumerables accións de xogo. O control sobre o bote, o pase (directo e indirecto), o desmarque, a elección de determinados lanzamentos…. son algúns dos exemplos que nos deixaron estes xovenes xogadores no día de hoxe.
Sen dúbida, unha xornada frutífera nun partido onde reinou a deportividade por parte de xogadores, técnicos, colexiada e todos os espectadores presentes na bancada do pavillón liceista. Cada un dos xogadores carballeses puideron disputar tres tempos e gozar ao cento por cento da xornada balonmanística.
Liceo: 0 – Telepizza Xiria Alev 7: 4
1º Cuarto: Liceo: 1 – Telepizza Xiria: 10.
2º Cuarto: Liceo: 3 – Telepizza Xiria: 7.
3º Cuarto: Liceo: 0 – Telepizza Xiria: 9.
4º Cuarto: Liceo: 1 – Telepizza Xiria: 10
Goleadores Telepizza Xiria: Angel Viña (4), Marta Gómez (3), Borja Villar, Andrés García (7), Julián García (8), Axel Cambón (5), Mateo Pallas (1), Pedro Porteiro (4), Samuel Veiga (4).
Fotos do encontro:




