Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Trascendental Calvo Xiria – Acanor At. Novás

Dende logo o partido máis importante, clave para as aspiracións duns e outros, do que vai de liga de 1ª Estatal xógase este sábado en Carballo. Calvo Xiria terá enfronte…

Dende logo o partido máis importante, clave para as aspiracións duns e outros, do que vai de liga de 1ª Estatal xógase este sábado en Carballo. Calvo Xiria terá enfronte ao Acanor At.Novás, 2º e 3º separados por dous puntos van a disputar un partido de altísimo nivel e intensidade. Os carballeses terán no apoio dos seus seareiros uns dos factores fundamentais, xa que darán o plus de empuxe necesario para levarse os puntos en xogo ante un rival que se tomará o partido a todo ou nada. Os xogadores locais están mentalizados da necesidade de facer un partido sen erros para poñer terra polo medio cos rosaleiros, xa que falar dun partido coma o deste sábado e falar da importancia de cada balón que se teña que defender, de cada balón que se teña para atacar. Non haberá tregua nun dos mellores choques que se poden ver hoxe en día nesta categoría e no que o Vila de Noia presentará a mellor entrada da tempada.

Compite na casa o Goldie Xiria, este sábado recibe a partir das 8 da tarde no Vila de Noia ante o Campus Ourense. Necesita una vitoria o Goldie tras a derrota sufrida a pasada semana en Lalín, mais non llo porá fácil o Campus Ourense que xa na primeira volta complicou o choque entre ambos equipos, a pesar de facerse cos dous puntos as de Carballo. Súmase as baixas, Zeltia, que esta semana mancou un nocello, e recupérase Raquel, que fora baixa contra o Lalín
Logo de dúas xornadas actuando coma visitantes xogan volve a a División de Honra ao Vila de Noia este domingo, enfronte estarán os representantes na categoría do Seis de Nadal. Entramos no tramo final da competición cos tres equipos carballeses loitando por se facer cunha praza para entrar nas fases clasificatorias para os campionatos de España. Romperá o xeo ás 10:00 o Grupo Lemaco Xiria nun apaixonante partido fronte o líder da clasificación. Para os carballeses será importante frear o lanzamento exterior dos vigueses e xogar sen presas e de xeito colectivo en ataque. Xa ás 11:30 Garaysa Xiria tamén ten un transcendental envite, no que de conseguir a vitoria, daría un paso de xigante; que non definitivo, de cara a seguinte fase. O Garaysa conta coas baixas dos seus pivotes Franco Rial e Adrián Mesejo, que volveu aos adestramentos despois dun mes. E rematará a xornada Laber Xiria a partires das 12:45, noutro partido no que non pode fallar se quere manter a segunda posición actual. Terán os locais enfronte a un conxunto tremendamente competitivo que sempre pon as cousas moi difíciles aos verdinegros. Todos os xogadores de Xiria dispoñibles para tan importante cita.

Na competición provincial os infantís do Marmolería José Rey Xiria reciben ao noutra xornada da Copa Deputación. Actualmente os carballeses son colíderes e grazas ao traballo defensivo do equipo esperan seguir nesta boa liña. O partido dispútase o sábado ás 10:15 no pavillón Carballo Calero.

Máis sobre isto