O Grupo Lemaco e o BM.Cisne, disputaron un encontro con dous partes claramente diferenciadas. O primeiro tempo foi de claro dominio pontevedrés e no segundo, foron superiores os de Carballo, que a punto estiveron de sorprender aos visitantes e sacar algo de proveito nos últimos instantes do envite.
Faltoulles dinamismo e continuidade no xogo aos de Xiria nos primeiros compases e estiveron a mercé do conxunto de Pontevedra durante gran parte do primeiros trinta miutos. Os locais non se atopaban agusto, non eran capaces de plasmar a súa mobilidade e velocidade no 40×20 e sufrían os ataques dos da cidade do Lerez no 1×1. Un 13-19 ao descanso, puña as cousas moi favorables aos foraneos, pero o mellor dos verdibrancos estaba por chegar.
Coma se dun equipo distinto tratásese, os xogadores do Grupo Lemaco mostraron a súa mellor cara na continuación: os ataques eran moito máis dinámicos, as repostas ás traxectorias dos compañeiros eran continuas e o xogo sen balón provocaba dano na defensa rival. Na retagarda, os contactos e as axudas aparecían para facilitar moito o labor de conxunto e no traballo de disuasión, provocábanse dúbidas e perdidas que se materializaban en rápidos contragolpes para colocar un parcial de 15-12 en 20 minutos e todo por resolver con dez por xogar. Os de Xiria, chegaron a porse a un gol, pero os pontevedreses souberon manter a calma nos últimos instantes para levar os dous puntos en xogo neste final vibrante.
Grupo Lemaco Xiria: 36 (13+23). Manuel Souto, Carlos Vilanova (14), Fran Rey (3), Andrés Vila (10), Roi Alfeirán (2), Juan Carlos Rodríguez (7), Daniel Esmorís-Equipo Inicial-Antonio Mato, Mario Lema, Samuel Castiñeiras, José Varela, Pablo Cambón, Ronaldo Durán, Manuel Sánchez.
BM.Cisne: 40 (19+21). Alex, Dani (8), Javi (8), Conde (8), Álvaro (5), Julio (3), Lázaro (3)-Equipo Inicial-Roque (2), Couso (1), Fontanilla, Pazos (1), Refojos (1), Alberto.
Parciales cada 5´: 3-5/4-7/5-9/8-13/9-17/13-19-Descanso-15-23/19-27/24-29/28-31/32-34/36-40-Final.
Árbitros: Cesar Carballo e José Dozo. Excluiron con dous minutos a Carlos Vilanova, Fran Rey, Juan Carlos Rodríguez e Daniel Esmorís polos locais e a Pazos, Roque, Refojos e Julio polos visitantes.
Incidencias: Encontro da xornada nº 19 da liga regular de División de Honra en categoría cadete. Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante a presenza de cincoenta seareiros tanto locais como visitantes.
Entrevista a Andrés Vila:
Fotos do encontro:
Clasificación xornada 19ª:









