Paso firme do Laber Xiria na recta final da liga

A falta de catro xornadas para o termino da liga de División de Honra en categoría xuvenil, o Laber Xiria mantén a segunda praza a tres do BM.Lalín, o seu inmediato perseguidor. Os de Carballo seguen con paso firme nesta recta final de liga e dependen de si mesmos para clasificarse para o campionato de España.

O conxunto local, a propósito que cada partido agora mesmo conta como unha final, salíu a por todas dende o inicio, facendo da súa defensa un muro e da velocidade a súa mellor arma para perforar a portaría contraria. Así foi que, aos quince minutos, os verdinegros xa dobraban no marcador ao seu rival (13-6) e todos os xogadores sumaban minutos para manter a frescura e o alto ritmo de xogo. No tempo de descanso, os bergantiñáns xa dominaban por un contundente 18-8, aviso de que non cabía confianza algunha no día de hoxe.

O único momento de relaxación que se permitiron os xogadores do Laber Xiria, foi nos primeiros instantes da continuación e pagárono cun 5-6 de parcial en dez minutos, solvetado no seguintes cinco cun aumento da intensidade e actividade defensiva e un 0-6 ao seu favor que puña de novo terra polo medio entre un e outro conxunto. Ao final, un contundente 34-17 que deixa os dous puntos en casa e permite aos carballeses seguir soñando co obxectivo do campionato de España.

Para a semana que vén, unha das saídas máis complicadas que quedan aos xogadores do Laber Xiria, a visita ao pavillón do Seis do Nadal. Haberá que render ao máximo nivel si os carballeses queren saír vitoriosos.

Laber Xiria: 34 (18+16). Daniel Buño, Andrés Barca (1), Damián Rodríguez (4), Iván Campos (8), Enrique Pena (3), Borja González, Iván Calvo (5)-Equipo Inicial- Antonio Mato, Gabriel Castiñeiras (3), Alex Figueroa, Diego Gago (2), Lolo, José Pereira (4), Borja Rodríguez (1), Dani García (2), Tito (1).

BM.Chapela: 17 (8+9). Ricardo, Esteban (7), Xoel (1), Jacinto (4), Raul (1), Pablo (2), David (1)-Equipo Inicial-Román (1), R.González, Rubén, Xacobe, Carlos.

Parciales cada 5´: 3-1/7-4/13-6/16-6/17-8/18-8-Descanso-19-11/23-14/29-14/31-15/33-17/34-17-Final.

Árbitros: Cesar Carballo e José Dozo. Excluiron con dous minutos a Iván Campos, Borja González, Iván Calvo, Daniel García e Tito polos locais e a Esteban e Jacinto polos visitantes.

Incidencias: Encontro da xornada 19ª da División de Honra en categoría xuvenil disputado no Vila de Noia ante a presenza de cincoenta seareiros nas bancadas.

Entrevista a Iván Calvo:

Fotos do encontro:

xiria chapela 026

xiria chapela 036

xiria chapela 038

xiria chapela 043

xiria chapela 045

xiria chapela 048

xiria chapela 031

Clasificación 19ª xornada:

Xornada 19 JUVES