Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Superioridade incontestable do Grupo Lemaco

Pouca historia tivo o encontro que hoxe Domingo enfrontaba no Vila de Noia carballés a Grupo Lemaco Xiria e Bueu ATL.BM. Os verdibrancos, moi superiores ao seu rival no día…

Pouca historia tivo o encontro que hoxe Domingo enfrontaba no Vila de Noia carballés a Grupo Lemaco Xiria e Bueu ATL.BM.

Os verdibrancos, moi superiores ao seu rival no día de hoxe, asumiron o control do partido dende o inicio e xa no minuto 10, o electrónico reflectía un 11-0 que saldaba o partido pola vía rápida. Os visitantes, tardarían quince minutos en perforar a portaría do Xiria, único gol que conseguirían no seu casilleiro no primeiro acto. Pola contra, os bergantiñáns vían porta con facilidade, superando aos seus rivais con un xogo veloz e dinámico. No tempo de descanso, o 27-1 que relectía o marcador, deixaba ben clara a diferenza entre os dous conxuntos a día de hoxe.

Non cambiaron as cousas na reanudación, pero destacamos o bo facer dos xogadores do Grupo Lemaco que foron capaces de manter un altísimo ritmo de xogo durante todo o envite.

Con estes dous puntos, os de Carballo suman a súa segunda vitoria en liga e polo tanto, catro puntos no seu casilleiro, á espera de viaxar a semana que ven á sempre difícil pista de Lalín.

Resultado cada 5´: 5/0, 11/0, 15/1, 18/1, 22/1, 27/1**-descanso-**30/1, 32/4, 34/5, 37/5, 40/8, 48/8.

Árbitros: Alberto Isidro e Gabriel Folgoso. Partido prácido e sinxelo para eles.

Incidencias: Partido disputado no Vila de Noia de Carballo ante a presenza de 60 espectadores entre pais e rapaces, tanto de Carballo comodo dos conxuntos foraneos.

Grupo Lemaco Xiria: 48 (27+21). Antonio Mato, Ronaldo Durán (2), Fran Rey (11), Juan Carlos Rodríguez (5), Carlos Vilanova (1), Andy Rey (6), Andrés Vila (5)**-equipo inicial-**Mario Lema, Samuel Castiñeiras, Manuel Souto, Roi Alfeirán (3), Antón Traba (6), Manuel Sánchez, Pablo Cambón (3), José Varela, Sergio Pombo (6).

Bueu ATL.BM: 8 (1+7). Barreiro, Javi (2), Adrián (1), Rubén (2), Manuel (1), Eloy (2), Martín**-equipo inicial-**Simón, Álvaro, José Luis.

Clasificación:

Clasificación cad