OURO PARA MARIO CANCELA E JUAN PEREIRA COA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA

Gran actuación da selección no Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea (Asturias). A selección galega infantil masculina, na que formaron os carballeses Mario Cancela e Juan Pereira, do Garaysa Xiria, logrou o título tras vencer na final a Asturias por 18 – 27.

O combinado galaico consigue por primeira vez o título deste prestixioso torneo, realizando un campionato intachable. Na primeira fase do torneo Galicia impoñíase a Cantabria (46 – 17), Canarias (21 – 19) e La Rioja (30 – 10). Xa en semifinais derrotaban a Castilla La Mancha por un contundente 26-16.

20160710_143940