Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

LOITO NO DEPORTE CARBALLÉS

O pasado domingo 10 de xullo deixábanos, tras unha longa enfermidade, Loli Varela, gran implulsora e dinamizadora do deporte carballés, especialmente no ámbito feminino. Na parte que corresponde ao Balonmán…

O pasado domingo 10 de xullo deixábanos, tras unha longa enfermidade, Loli Varela, gran implulsora e dinamizadora do deporte carballés, especialmente no ámbito feminino. Na parte que corresponde ao Balonmán Xiria foi unha peza fundamental na creación, impulsión e consolidación do equipo sénior feminino, no que exerceu de delegada e participou de maneira decisiva nas distintas negociacións levadas a cabo para que o soño do balonmán feminino se fixese realidade. A súa morte deixa un enorme oco no deporte carballés. Nestas últimas campañas estaba a contribuir de xeito destacado ao afianzamento do baloncesto feminino no Club Baloncesto Artai, onde milita súa filla Sara.

Dende Escolas Balonmán Xiria sumámonos á dor dos seus achegados.

IMG-20160711-WA0010

IMG_20160711_205111_997

Máis sobre isto