Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

PABLO FILGUEIRA NON CONTINUARÁ NA DISCIPLINA DAS ESCOLAS BALONMÁN XIRIA

O técnico pontevedrés Pablo Filgueira Carballo, tras seis tempadas traballando nas categorías de base das Escolas Balonmán Xiria, deixa o club carballés para inciar unha nova etapa nun club da…

O técnico pontevedrés Pablo Filgueira Carballo, tras seis tempadas traballando nas categorías de base das Escolas Balonmán Xiria, deixa o club carballés para inciar unha nova etapa nun club da provincia de Pontevedra, onde terá responsabilidades como técnico e como coordinador xeral.

Nestes seis anos no Xiria traballou con equipos en todas as categorías de base, dende xuvenís ata prebenxamíns. Dende o club non se pode dicir outra cousa que non sexa eloxiar o seu excelente traballo en todos os eidos: técnico, deportivo, educativo ou organizativo.

Dende a familia Xiria transmitímoslle os nosos mellores desexos nesta nova aventura e deixamos a porta aberta na que sempre será a súa casa.

Máis sobre isto