Partidos decisivos para os conxuntos de Escolas Balonmán Xiria

Nesta fin de semana, os equipos de División de Honra de Escolas balonmán Xiria afrontan, nalgúns casos, partidos decisivos para cumprir os obxectivos. É así, por exemplo, que o Laber Xiria xuvenil ten unha final contra o Teucro, xa que en caso de saír derrotado, practicamente quedará sen opcións de conseguir a sexta praza que dá dereito a competir na DH a próxima tempada. Os xuvenís viaxarán o Domingo a Pontevedra co Garaysa Infantil e o Grupo Lemaco Cadete, estes dous con aspiracións máis altas, xa que os primeiros atópanse terceiros empatados a puntos co segundo e a tres do primeiro posto e os segundos a un punto do terceiro. Con moitas aspiracións de subir banzos na clasificación, afrontan os dous conxuntos os partidos na cidade do Lerez. Os encontros se levarán a cabo no pavillón Dá Xunqueira. Os infantís ás 10:00 h, os cadetes ás 11:15 h e os xuvenís ás 12:30 h.

Non será un partido decisivo pero se importantísimo o que disputen os senior do Calvo Xiria en Chapela. Os carballeses tentarán conseguir os dous puntos en xogo para manter a excelente renda de catro puntos cos seus respectivos perseguidores, pero para iso terán que superar a un dos mellores conxuntos da categoría nunha pista sempre complicada. O encontro comezará o Sábado ás 18:30 no municipal de Chapela.

O outro equipo senior da entidade, o Goldie Xiria feminino, viaxa a Caselas, unha das pistas máis difíciles desta categoría, pero onde as bergantiñás xa foron capaces de gañar a tempada pasada. Coa moral ao grande despois da vitoria da pasada semana contra a SAR, as de Xiria viaxan a Caselas coa intención de ser competitivas ante un gran conxunto. O encontro será o Sábado ás 20:30 h no pavillón de Caselas.

Tamén en feminino pero xa en infantil, O Punta Del Este viaxa o Sábado a Lugo para enfrontarse ao BM. Lucus na Casa Do Deporte ás 11:15 e o Garaysa, que terá dobre xornada neste fin de semana, fai o propio en casa fronte ao BM. Culleredo o Sábado no pavillón do CEIP Fogar ás 12:00h e o Domingo viaxa a Santiago para xogar fronte ao Ribadosar no pavillón Quiroga Palacios ás 12:00 h.

En segunda división, o conxunto cadete de Hierros Varela Urbieta, afronta o terceiro partido da fase final ante o Ribadosar Amancio Deportes. Será o Sábado no Vila De Noia ás 10:00 h, onde os de Xiria tentarán volver á senda da vitoria ante un bo rival.

Tamén en segunda división, pero na categoría infantil masculino, o Marmolería José Rey, xogará ás 10:30 do Sábado co BM. Culleredo Contru Pereiro no pavillón do CEIP Fogar, coa motivación de segguir crecendo no seu xogo como o veñen demostrando nas últimas semanas.