Os alevíns de E. BM.Xiria seguen mandando na clasificación

Os catro equipos alevíns de Escolas Balonmán Xiria, tres masculinos e un feminino, seguen dominando a clasificación da competición de Copa Federación e ocupan os catro primeiros postos da mesma. O pasado sábado, enfrontábanse o Grupo Lemaco feminino contra o Laber Xiria en Carballo e o LK Xiria co Centro Ideal Arteixo en Camariñas, descansando nesta xornada o Telepizza Carballo Xiria.

O de Carballo foi un encontro vibrante, con dous equipos mostrando todo o seu potencial e sendo moi xenerosos no esforzo individual. Os dous primeiros tempos caeron un de cada lado e mentres comezaba mellor o Laber Xiria, impoñendose no primeiro cuarto de 8 minutos por un resultado de 8-5, o Grupo Lemaco levantábase no segundo para levar a vitoria por 4-9.  Comezaba entón o terceiro tempo, importante para desnivelar a contenda cara a un ou outro lado e aquí mostrouse de novo superior o Laber Xiria, conseguindo unha excelente bagaxe anotadora e vencendo por 11-7 que deixaba moi favorable para os seus intereses a contenda. Pero de novo, as nenas do Grupo Lemaco volveron sacar o seu orgullo e bo facer no último tempo de partido, estando apunto de levar os dous puntos e conseguindo un empate (7-7) que deixaría o resultado do encontro en 5-3 a favor do Laber Xiria.

Laber Xiria – Grupo Lemaco Xiria: 5-3

Laber Xiria: Álvaro García, Brais Suárez, Hugo García, Nicolás Cancela, Manuel García, Marcos Amarelle, Maxi.

Grupo Lemaco Xiria: Cndela Gómez, Catalina De Magalhaes, Duna Barca, Lara Souto, Lara Hrernández, Leticia Santos, Mara Mancebo, Sara Vidal.

En Camariñas, o LK, que contaba con algunhas baixas para este partido, foi capaz de impoñerse ao seu rival, o Centro Ideal Arteixo por un resultado de 7-1 e a pesar de comezar empatando o primeiro cuarto. Non foi o mellor partido dos de Carballo, demasiado estáticos en ataque e falto de pernas en tarefas defensivas, pero a pesar disto, puideron conseguir o obxectivo de seguir liderando a táboa clasificatoria.

LK Xiria – Centros Ideal Arteixo: 7-1

1º cuarto: 9-9   2º cuarto: 15-10   3º cuarto: 10-9   4º cuarto: 10-8

LK Xiria: Pablo Veiga (23), Miguel Cambón (5), Lucas Amado, Marcos Varela (10), Antón Pardiñas (1), Diego Barbeira (3), Henrique Traba (2).