Partidos polo máis alto para Goldie e Calvo Xiria

O Calvo Xiria xoga a súa segunda «final» consecutiva e despois da vitoria da pasada semana fronte ao Unión Financiera de Oviedo, recibirá este Sábado ás 20:00 h no pavillón Vila De Noia ao Lalinense, no que vén sendo un clásico dos últimos tempos no grupo A da 1ª nacional. O equipo de Lalín, acode a Carballo con catro puntos de desvantaxe sobre o Calvo Xiria, polo que para eles é vital os dous puntos e desta forma non afastarse máis da pelexa polas dúas prazas que dan opción á fase de ascenso. Os bergantiñáns pola súa banda, necesitan a vitoria para poñer terra polo medio cos seus perseguidores e poder disputar o primeiro posto da clasificación ao Construcciones Castro Lavadores a semana que vén en Vigo. A recado será leste un duelo vibrante e igualado con dous equipos que practican un balonmán vistoso e cun ritmo moi alto, onde os matices e os erros, poden pasar factura a un ou outro conxunto.

Tamén en senior, pero en categoría feminina, Sábado ás 18:00 no Ceip Fogar, o Goldie Xiria recibe ao segundo clasificado, o Asmubal Meaño. Espérase un partido igualado como xa pasou na primeira volta. O Goldie Xiria deberá estar moi atento ao balance defensivo para frear a primeira onda do contraataque das visitantes; para elo tratará de ter poucas perdas de balón e conseguir que os ataques acaben en lanzamentos claros; xogar as segundas opcións do xogo colectivo e a continuidade necesaria ao balón. Confírmase a baixa por lesión de Natalia Solis; que a pasada fin de semana sufría no seu xeonllo esquerdo. O venres saberase o tempo estimado de recuperación e a maneira en que se vai a proceder para tratala.

Xa na División de Honra de categorías base e tras a importante vitoria acadada en Vigo diante do Carballal, o Laber Xiria recibe este domingo ao Teucro de Pontevedra. No partido da primeira volta a igualdade foi a tónica do encontro, pero os do Lérez acadaron a vitoria nos derradeiros instantes. Prevese que o Xiria siga a ter esa marcha máis de velocidade no seu xogo e volva a amosarse sólido na súa defensa para poder conseguir a vitoria (Domingo 12:45 Vila De Noia)..

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria abrirán a xornada na mañá do domingo (10:00h) no Vila de Noia contra o SD Teucro. O rival marcha xusto por baixo na clasificación; polo que de conseguir os dous puntos; o Grupo Lemaco quedaría na pelexa polas tres primeiras posicións. A defensa 5:1 será moi importante para romper os ataques visitantes. Conta coas baixas confirmadas de Juanma Fajardo, Esteban Puñal, Javier Rodríguez, Darío Calviño e Martín Fuentes.

As 11:30 e tamén no Vila De Noia será o turno para os infantís do Garaysa. Os rapaces de Brais Puñal buscarán una nova vitoria nun encontró que se será igualado, xa qe o Teucro levou a vitoria na primeira volta no seu campo tan só por dous goles de vantaxe.

As rapazas infantis de División De Honra do Punta Del Este, viaxarán este Sábado a Caselas onde se medirá ao EDM Salceda de Caselas. Presentarase un encontro igualado co que as do Punta del Este Xiria tentarán loitalo ata o final, aproveitando os seus puntos fortes e levando a calma ao ataque.

Despois do parón navideño, as cadetes do Hierros Varela Urbieta Xiria regresan á competición este venres ás 20:00 horas no Pavillón do CEIP Fogar contra o Bm. Xallas.  No partido de ida desputado en Santa Comba, as xiareiras gañaron por 32-34. Nestes momentos da competición o equipo xalleiro atópase na sexta posición con 9 puntos mentras as carballesas figuran no terceiro posto e 12 punto. Igualdade máxima nun partido que se espera moi interesante.

Na segunda infantil masculina, dispútase o derbi entre o BM Camariñas e o Marmolería J Rey Xiria. Será o Domingo as 11:30 no pavillón O Areal. Un encontró sempre especial e competido por parte de ambos os conxuntos.

A liga de BM5 en categoría Benxamín e Alevín, terá una nova xornada, en concreto a quinta, con sede no pavillón municipal de Baio, Zas. Os conxuntos de Xiria que compiten entre eles nesta xornada, xogarán no pavillón do CEIP Fogar. Os horarios son os seguintes:

Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa:
– Xiria Telepizza – Xiria Laber
Sábado 10:00h, pav. Ceip Fogar, Carballo
– Muxía – Xiria Lista
Sábado 10:00h, pav. de Baio, Zas
– Ribadosar Alca – Xiria Garaysa
Sábado 10:00h, pav. de Baio, Zas
– CD. Concello de Zas – Xiria Grupo Lemaco
Sábado 10:45h, pav. de Baio, Zas

Liga Benxamín Bm 5, Grupo Costa:
Xiria TLM – Xiria Mr Nutrición Carballo
Sábado 19/01, 10:00, pav. Ceip Fogar, Carballo

As 11:30 tamén no pavillón do CEIP Fogare, se xogará a 4ª xornada de BM7 entre o Metalúrgica BB Xiria e o BM Lucus, onde os carballeses tentarán facer un bo partido e volver a conseguir a vitoria, despois da última derrota en Abegondo.