O Punta Del Este Xiria comeza pisando forte a segunda volta de división de honra

Comezaba a segunda volta de División de Honra Infantil Feminino e O Punta del Este Xiria recibía ao S.A. R Ledisson. O encontro tivo lugar ás 10:30 na zona escolar CEIP Fogar, Carballo

Presentábase un partido, a favor das do S.A. R, partindo do resultado da primeira volta, no que estas gañaban na casa cunha diferenza de 14 goles, un resultado bastante importante.

Deu inicio a primeira parte, onde as do Punta del Este saíron nunha defensa 3:2:1, realizando un bo traballo no avanzado como nas zonas laterais, relantizándolle o xogo ás visitantes e recuperando algún balón. As do Xiria saíron a lume de biqueira en defensa o que lles axudou a estar no partido. Pola contra, o taque era bastante pobre, bastante lento o movemento de balón así como o pouco aproveitamento das zonas exteriores. No transcurso da primeira parte as do Xiria fóronse adaptando ao ataque, o que traduciu a unha fluidez no movemento de balón e os 1×1 polas zonas laterais. Chegouse o descanso cun resultado de 8-9.

Na segunda parte, o Punta del Este Xiria seguiría coa mesma dinámica que estaba a realizar, un traballo intenso en defensa e tranquilidade no ataque. Os descoidos defensivos das locais empezaron anotarse, o que ocasionou que a pivote do S.A. R puidese recibir cómoda e poder anotar facilmente. As do S.A. R estaban a aproveitar as perdas de balón das locais podendo anotar. Pola contra, as do Punta del Este Xiria non llo ían a poñer tan fácil, volvendo a aproximarse no marcador. Final do partido 20-24 para as do S.A. R Ledisson, un moi bo encontro para as locais onde deixaron ver a súa gran melloría e progreso.

O  sábado 19/01, o Punta do Leste Xiria viaxará a Caselas onde se medirá ao EDM Salceda de Caselas. Presentarase un encontro igualado co que as do Punta del Este Xiria tentarán loitalo ata o final, aproveitando os seus puntos fortes e levando a calma ao ataque.

 

PUNTA DEL ESTE XIRIA(8+12): Lucía Lema[p], Stefanía Landri, Leticia Santos(3), Lara Souto(8), Natalia Cancela (2), Catalina De Magalhaes(2), Lara Hernánez(3), Candela Couto, Coral Ruibal(1), Duna Barca, María Patiño(1).

S.A.R LEDISSON(9+15): Noa V., Marta V., Angela V., Nayara V.(1), Carla F.(1), Marta R.(5), María G.(1), Nazaret C., Alexandra C., Nerea N.(4), Eva R.(2), Lucía O(10).