Paso firme do Calvo Xiria cara a permanencia

O Calvo Xiria, co inconmensurable apoio da súa afección, logrou a vitoria ante Disiclín Balonmán Lalín. Unha rivalidade que sempre nos deixa grandes accións e unha tarde de balonmán emocionante; nun partido que se decidiu no último segundo; facendo vibrar o Vila de Noia.

E é que a pesar das adversidades, en forma de lesións, o Calvo Xiria está a completar un final de tempada fantástico. Acumula 9 dos últimos 10 puntos; catro vitorias e un empate que lle permiten afastarse da zona de descenso; da que está xa a 6 puntos por encima, a falta de catro xornadas para acabar a liga.

No incio do partido; os visitantes poñían os dous primeiros goles, a propósito de que se xogaban a segunda praza. O Calvo Xiria reacciona e unha exclusión temperá (Min 6), devolve a vantaxe ao Lalín. No min 18; sería o Calvo Xiria o que aproveitaría unha superioridade numérica para dar a volta ao marcador. O Calvo Xiria estaba a presionar desde a defensa e sufrío nos minutos finais da primeira parte (12 a 14); pero soubo recompoñerse a falta de 2 minutos para irse ao descanso con empate e todo por decidir (14 a 14).

A segunda metade, empezaba cunha exclusión de Brais, pero o traballo defensivo en inferiordade, e dous goles en ataque posicional de Manu Méndez, deron vantaxe ao Calvo Xiria. Pero Lalín demostraba o porque é un dos equipos da zona alta, e chegados ao minuto 45; poñíase un gol por encima, con gol de Javier Iglesias. Reacción do Vila de Noia, e Chimpo poñía as táboas cun gol máis aló dos 9 metros. A igualdade era máxima e chegabamos aos minutos finais, onde o partido podía decantarse para calquera parte.

Último minuto de infarto. O Calvo Xiria anotaba de xogaba por mediación de Álex Gómez; replica de Jorge López ao contragol. E Mario Cancela con gol desde o centro, daba a vitoria ao Calvo Xiria, a falta dun segundo. Vibraba o Vila de Noia e os seus xogadores, sabedores que estes dous puntos encarrilan o obxectivo da permanencia.

Calvo Xiria 26 – Disiclín Balonmán Lalín 25

Calvo Xiria (14+12): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (2), Brais Puñal, Pablo Veiga, Julián García, Chimpo Rodríguez (9), Diego Vega (4), Manu Méndez (3), Álex Gómez (1), Carlos Varela (1), Mario Cancela (5), Martín Fuentes (1).

Lirón S.D. Teucro (14+11): Tomas Villarroel (p), Iago González (p), Juan Enrique Lago, Ramón Gil (3), Adrián Crespo, Martín Losón (2), Miguel García, Bruno Fernández, Jorge López (3), Duarte Batán (1), Román Pedreira (4), Javier Iglesias (7), Roberto Álvarez (3), Pedro Toimil (2), Adrián Ferradas, Pablo López.

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez.

Marcador cada 5 minutos: 3-3, 6-5, 8-8, 11-10, 12-13, 14-14, (descanso), 18-15, 19-17, 20-21, 20-22, 23-23, 26-25, (final).

Incidencias: Partido correspondente a 26ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).