Previa do 1-2 abril

1ª Estatal
Este sábado, ás 20:00, o Vila de Noia, acollerá o mítico duelo entre o Calvo Xiria, e o Disiclín Balonmán Lalín. Dous equipos cun modelo de xogo diferente; pero que comparten filosofía; no
traballo coas categorías base e a súa aposta pola canteira, vese reflexada no equipo sénior. Nunha tempada na que ambos clubs teñen obxectivos diferentes, e ambos aínda non conseguiron
certificalos. O Calvo Xiria buscará xunto á súa afección, dous puntos que poñerían nunha situación favorable a permanencia; mentres o Disiclín Lalín, que acaba de perder a segunda praza en favor do
Oar Coruña, está obrigado a gañar se quere manter a pelexa pola segunda praza, que dá dereito á promoción do ascenso. Será un partido físico, con moito desgaste para os xogadores, pero seguro
que gardará sorpresas e emocións tal e como o adoitan facer este tipo de encontros.

1ª Autonómica Feminina
O Calvo Xiria, viaxa ata Moaña, cos deberes feitos. Na súa procura para empezar a preparación da fase de ascenso, este partido permitirá a Manu López ir probando en competición diferentes
sistemas, ante un rival, o Balonmán S.D. Samertolameu, de alta esixencia xa que nestes momentos marcha cuarto clasificado e esta en plena loita polas prazas da final a catro. O venres saberemos se a
enfermería do Calvo Xiria vai recuperando efectivos, para unha mellor preparación cara a fase de ascenso, e poder axustar aos sistemas a todas as xogadoras. Sería un factor crave na loita deste
partido.

Categorías Base: Liga Ouro
Penúltima xornada de liga para as competicións cadetes e infantil. O venres, o Grupo Lemaco Xiria viaxa a Pontevedra, para enfrontarse ao Cisne Colegio Los Sauces, en plena loita pola segunda praza. O partidos será no Mpal. de Pontevedra ás 19:30. O sábado, no Vila de Noia, viviremos unha xornada crave para os intereses do Xiria. Ás 10:30, o Garaysa Xiria enfróntase ao Balonmán Chapela, equipo que marca a última praza da final a catro. E ás 12:15 o Nordata Xiria, xogará fronte ao Mecalia Atlético Guardés.

Categorías Base: Liga Prata
O domingo, o Tubasys Xiria xoga no Ceip Fogar, ás 11:30 fronte ao Serfis Caixabank Bm Cañiza. E o Garaysa Xiria B, xoga ás 12:00 na pista do Bm Rodeiro Faro. Os dous equipos están a aproveitar
ao máximo a experiencia competitiva da liga prata para seguir progresando.

Categorías Base: Escolas Balonmán Xiria
Na competición alevín 7; o venres ás 19:45, o Garaysa Xiria xogará contra Bm Línea 21 en Novo Mesoiro.
O sábado estreará a xornada, no Ceip Fogar, Reneymar Xiria B contra Bm Culleredo Cristalería Gestal e seguidamente, ás 11:00; Reneymar Xiria A xogará contra CP Lucense.
O domingo ás 10:30, en Oleiros, ALS Xiria enfrontarase ao Club Balonmano Atlántico, no pavillón de Valle Inclán.
Na competición de Bm5, benxamín mixto; xogarase en Abegondo, no pavillón San Marcos o sábado. Ás 10:00, Maquisaba Xiria A contra Bm Abegondo Súmate. Ás 10:50, Telepizza Xiria contra Bm. Brigantium Nunegal e ás 11:40, Telepizza Xiria contra Bm Abegondo Súmate.